O tetartemorion (en grego: τεταρτημόριον -tetartēmorion-; de tetartē, "cuarta", e morion, "fracción") era unha moeda da Antiga Grecia cuñada en prata, cuxo valor era igual á cuarta parte dun óbolo ou a vinte e catroava parte do dracma.[1][2]

Tritetartimorion de Olimpia, do ano 360 a. de C.

O seu peso segundo o padrón monetario ateniense era de entre 0,15 e 0,18 gramos.[3][4][5]

A súa emisión producíase só en moi contadas ocasións, en parte debido ao reducido do seu tamaño, o que dificultaba a súa fabricación e facilitaba a súa perda durante o uso.

A súa tipoloxía habitual en Atenas consistía na cabeza de Atena nos anversos e unha lúa crecente nos reversos, aínda que se emitiu tamén noutras áreas de influencia grega, con diversos motivos nas súas faces.[6] Á parte dos atenienses, coñécense principalmente exemplares de Colofón, Exina, Elis, Texea, Argos e Sición.[7]

Notas editar

  1. Alfaro Asins et al. (2009). "Tetartemorion".
  2. "Tetartemorion". En Merriam-Webster Dictionary.
  3. Amandry (2001). "Tétartèmorion".
  4. "Tetartemorion". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  5. Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.
  6. Corfù, N. A. "The Tetartemorion, the smallest pre-Hellenistic silver-coin". En Proceedings. XV International Numismatic Congress Taormina 2015. Páxina 339. Roma. ISBN 978-88-94820-31-7
  7. "Tartemorion" e "Tetartemorion". En Frey, A. R. (1916). Páxinas 237 e 239.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar