Testemuño (atletismo)

O testemuño[1] é un tubo liso, cilíndrico e lixeiro, feito de madeira, metal ou calquera outro material ríxido dunha soa peza. Adoita ter unha lonxitude de entre 28 e 30 cm, de circunferencia entre 12 e 13 cm e cun peso mínimo de 50 g. Debe estar pintado dunha cor viva para que se vexa doadamente durante a carreira. As probas deportivas nas que se utiliza o testemuño son: carreiras de remudas 4 x 100 metros e carreiras de remudas 4 x 400 metros (as únicas probas que se fan en equipo).

Dous atletas preparándose para o traspaso do testemuño.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para testemuño.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar