Abrir o menú principal

Testemuña única (en versión orixinal inglesa Witness) é un filme estadounidense de 1985, do xénero thriller, dirixida por Peter Weir. Foi gañador de dous Premios Óscar e dez premios internacionais máis.

Testemuña única
Ficha técnica
Título orixinalWitness
DirectorPeter Weir
ProdutorEdward S. Feldman
GuiónRelato de :
William Kelley
Earl W. Wallace
Pamela Wallace
Guión de:
Earl W. Wallace
William Kelley
IntérpretesHarrison Ford
Kelly McGillis
Viggo Mortensen
Danny Glover
Alexander Godunov
Josef Sommer
Lukas Haas
MúsicaMaurice Jarre
FotografíaJohn Seale
MontaxeThom Noble
Estrea1985
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$12.000.000
Recadación$68.700.000[1]

Foi emitido na TVG o 16 de decembro de 1988.[2]

ArgumentoEditar

Rachel Lapp (Kelly McGillis) é unha muller da comunidade amish en Pensilvania. Xunto co seu cativo Samuel (Lukas Haas) realiza unha viaxe en tren para visitar a unha parente. Cando van facer un transbordo, o neno é testemuña dun asasinato. O inspector de policía John Book (Harrison Ford) investiga o caso e chega á conclusión de que o cativo é a única testemuña, e polo tanto, decisivo no xuízo. Mais os criminais que están detrás do asasinato tamén o saben, e intentan matar ao neno e ao inspector.

GalardónsEditar

NotasEditar

  1. "Witness". Box Office Mojo. Amazon.com. 
  2. La Voz de Galicia, 16 de decembro de 1988. Páx. 79

Véxase taménEditar