A proba para identificar trastornos co alcol (AUDIT), do inglés Alcohol Use Disorders Identification Test, é un cuestionario de dez elementos aprobado pola Organización Mundial da Saúde para detectar condutas perigosas relacionadas co consumo de alcol. Foi elaborado a partir dun estudo colaborativo feito pola OMS en diferentes países. Seleccionáronse para o AUDIT os mellores elementos dos aproximadamente 150 do estudo orixinal.

Emprégase de xeito común na sondaxe do consumo de alcol e problemas asociados. Ten utilidade en ámbitos como a atención primaria ou en centros hospitalarios. En función dos resultados, tamén pode ser útil para detectar o consumo abusivo e a alcolemia. As indicacións para a aplicación do AUDIT están traducidas a uns 50 idiomas.

Descrición editar

O test AUDIT consta de dez preguntas:

  • Preguntas 1-3: consumo de alcol: frecuencia, cantidade ou ocasións comúns de consumo, e que cantidade causa ebriedade.
  • Preguntas 4-6: posíbel dependencia do alcol.
  • Preguntas 7-10: consumo nocivo de alcol, incluíndo a preocupación expresada por persoas da contorna.

A puntuación en cada unha das preguntas varía entre 0 e 10 en función da resposta. O resultado do test, así, oscila entre 0 e 40 puntos. Segundo as respostas co estudo orixinal da OMS, a puntuación de 8 é a mínima para detectar un consumo de risco. Un resultado mínimo de 15 reflicte unha tendencia ao alcolismo, mentres que a partir dos 20 puntos considérase que existe unha dependencia severa. Con base na puntuación mínima de 8, o estudo orixinal da OMS reflicte unha certeza do 94% nos diagnósticos de consumo de risco.

O AUDIT foi elaborado co obxectivo de ser aplicado a nivel internacional. O estudo orixinal da OMS incluíu pacientes de seis países, en representación de distintas rexións do mundo e de diferentes sistemas políticos e económicos. Máis de 300 análises posteriores permitiron garantir a súa veracidade e utilidade en diversas circunstancias. O emprego do AUDIT pode ser útil na adolescencia, con persoas adultas novas e en mulleres. Porén, non semella tan preciso en persoas de idades máis maduras. En determinados casos, o AUDIT ten mostrado maior efectividade na detección de consumos de risco que as exploracións físicas ou as análises de sangue.

O test editar

Test AUDIT de Dependencia Alcohólica
# Pregunta Respostas Puntuación
1 Con que frecuencia consomes bebidas alcólicas?[1] Nunca

Unha ou menos veces ao mes

2 a 4 veces ao mes

2 o 3 veces á semana

4 ou máis veces á semana

0

1

2

3

4

2 Cantas bebidas alcólicas consomes normalmente cando bebes? 1 ou 2

3 ou 4

5 ou 6

7 a 9

10 ou máis

0

1

2

3

4

3 Con que frecuencia tomas 6 ou máis bebidas alcólicas nun só día? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

4 Con que frecuencia, no curso do último ano, fuches incapaz de parar de beber unha vez que comezaches? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

5 Con que frecuencia, no curso do último ano, non puideches atender as túas obrigas porque bebiches? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

6 Con que frecuencia, no curso do último ano, necesitaches beber en xaxún para recuperarte despois de beber moito o día anterior? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

7 Con que frecuencia, no curso do último ano, tiveches remordementos ou sentimentos de culpa despois de beber? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

8 Con que frecuencia, no curso do último ano, non puideches recordar o que sucedeu a noite anterior porque estiveches bebendo? Nunca

Menos dunha vez/mes

Mensualmente

Semanalmente

A diario ou case a diario

0

1

2

3

4

9 Ti ou algunha outra persoa resultastes feridos porque bebestes? Non

Si, mais non no curso do último ano

Si, no último ano

0

2

4

10 Algún familiar, amigo, médico ou profesional sanitario mostraron preocupación polo teu consumo de alcol, ou che suxeriron que deixases de beber? Non

Si, mais non no curso do último ano

Si, no último ano

0 0

2

4

O AUDIT-C editar

Existe unha versión abreviada do test, o AUDIT-C. Está composto polas tres primeiras preguntas do test orixinal, en relación específica coa cantidade de alcol consumida. É apropiado para unha médica ou médico confirmar posíbeis sospeitas de consumo de alcol.[2]

Notas editar

  1. Pfizer. "Test AUDIT Dependencia Alcohólica". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  2. Bush K, Kivlahan DR, McDonell MB, Fihn SD, Bradley KA. The AUDIT alcohol consumption questions (AUDIT-C): an effective brief screening test for problem drinking. Ambulatory Care Quality Improvement Project (ACQUIP). Alcohol Use Disorders Identification Test. Arch Intern Med. 1998 Sep 14; 158(16): 1789–1795. PMID 9738608.