Tesouro de Algara

conxunto de moedas romanas atopadas en Perbes, Miño

O tesouro de Algara é un conxunto de 1500 moedas romanas atopadas no lugar de Algara, xunto a Bermaño (Perbes, Miño) o 18 de marzo de 1916. Son pezas datadas entre os anos 215 e 268 da era actual. As pezas foron vendidas a coleccionistas.

Historia editar

O nome do tesouro vén dado polo topónimo do lugar onde foi atopado, Algara, a carón do castro dos Mouros. Traballando nunha leira apareceu unha ola de barro que contiña as moedas de prata, cobre, estaño e aliaxe de prata de baixo valor.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar