Territorio Libre de Trieste

O Territorio Libre de Trieste (en italiano: Territorio libero di Trieste, en esloveno: Svobodno tržaško ozemlje, en croata: Slobodni teritorij Trsta), tamén coñecido compo Estado Libre de Trieste, foi unha cidade estado situada na Europa central, entre o norte de Italia e os territorios de Eslovenia e Croacia, na antiga Iugoslavia.

Modelo:Xeografía políticaTerritorio Libre de Trieste

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°41′N 13°45′L / 45.68, 13.75Coordenadas: 45°41′N 13°45′L / 45.68, 13.75
CapitalTrieste Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación330.000 Editar o valor em Wikidata (447,15 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana
Lingua serbocroata Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie738 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación15 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Disolución11 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
10 de novembro de 1975Tratado de Osimo Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoConsello de Seguridade das Nacións Unidas
república Editar o valor em Wikidata
MoedaLira italiana Editar o valor em Wikidata

O Territorio Libre de Trieste abarcaba a cidade portuaria de Trieste, unha estreita franxa costeira ao noroeste (Zona A) e unha pequena porción da península de Istria (Zona B).

Foi establecido en 1947 pola Resolución 16 do Consello de Seguridade das Naciones Unidas, para acomodar a unha poboación con mestura étnica e cultural nun país neutral, democrático e independente. A intención era tamén eliminar as demandas territoriais, debido á importancia estratéxica da cidade para o comercio coa Europa central.

Xeografía editar

O Territorio Libre de Trieste abarcaba unha superficie de 738 km² ao redor do golfo de Trieste, desde Duino/Devin, no norte, a Novigrad/Cittanova no sur, e tiña aproximadamente 330 000 habitantes. Limitaba ao norte con Italia e ao sur e ao leste con Iugoslavia. Os ríos que atravesaban o Estado eran o Risano/Rižana, o Dragogna/Dragonja, o Timavo/Reka, o Rosandra/Glinščica e o Quieto/Mirna. O punto máis alto do territorio era o monte Castellaro/Veliko Gradišče, de 724 m de altura. Os puntos extremos do seu territorio eran Medeazza/Medjevas ao norte, a 45° 48' de latitude, Porto Quieto/Tarski ao sur, a 45° 18' de latitude, a punta Salvore/Rt Savudrija ao oeste, a 13° 29' de lonxitude e Grozzana di Pese/Gročana ao leste, a 13° 55' de lonxitude.

Historia editar

Desde o ano 1382, despois da voluntaria doazón da cidade ao imperio Austríaco, Trieste foi o porto da monarquía dos Habsburgo. Debido ao desenvolvemento do porto, á boa administración e a tolerancia que viviu a cidade baixo a protección do Imperio, Trieste nunca se rebelou, gañando o lema "TERGESTE URBS FIDELISSIMA" que figura baixo o seu escudo.

En 1921 (despois da primeira guerra mundial) Italia anexionou formalmente Trieste, Istria e parte do que hoxe é a zona occidental de Eslovenia. Comezou entón unha política de italianización forzada da zona. Foron expulsados os cidadáns de fala alemá e empezaron persecucións en contra dos eslovenos e croatas presentes no territorio.

Durante os anos de 1920 a 1930 a poboación eslava foi obxecto dunha italianización, e foi discriminada baixo o réxime fascista de Mussolini. Esta poboación tamén sufriu episodios de violencia, incluíndo o incendio do Club Nacional Esloveno (Narodni dom) o 13 de xullo de 1920.

Algúns eslavos crearon a organización de resistencia Trst, Istra, Gorica, Reka (Trieste, Istria, Gorizia e Rijeka), coñecida como TIGR ("tigre" en esloveno), cuxos métodos incluíron máis de 100 accións terroristas en Trieste e os seus arredores durante os anos das décadas de 1920 e 1930.

Na segunda guerra mundial, Italia formou parte das Potencias do Eixe. Cando o réxime fascista se derrubou en 1943 e Italia capitulou, Eslovenia e Croacia (que ían converterse en parte de Iugoslavia) anexionaron formalmente o territorio, pero este foi ocupado polo Exército alemán. O 4º Exército iugoslavo, xunto co IX Corpo esloveno, capturou Trieste o 1 de maio de 1945. A 2ª División do 8º Exército británico, formada por neozelandeses, chegou ao día seguinte e o Exército alemán entregouse ás tropas neozelandesas. Os soldados iugoslavos marcharon o 12 de xuño de 1945, cumpriendo así un acordo entre Iugoslavia e os aliados alcanzado o 12 de maio.

O 10 de febreiro de 1947 asinouse un tratado de paz con Italia, establecendo o Territorio Libre de Trieste. O territorio, porén, foi dividido en dúas zonas. A Zona A, de 222,5 km² de extensión e con 262 406 habitantes, incluía Trieste e era administrada polas forzas británicas e estadounidenses. A Zona B, de 515,5 km² de extensión e 71 000 habitantes, era administrada polo Exército Nacional Iugoslavo. O territorio nunca funcionou como un verdadeiro estado independente. Así e todo a súa condición formal foi respectada e creou as súas propias moedas e selos de correos.

O Goberno Militar Aliado da Zona A estaba protexido por dous continxentes de militares aliados, 5 000 estadounidenses das TRUST (TRieste United States Troops) e 5 000 británicos das BETFOR (British Element Trieste FORce), cada un deles incluíndo varios batallóns de infantaría completos con unidades auxiliares independientes.[1]

Segundo as estimacións publicadas polo Goberno Militar Aliado (considerado non fiábel por Iugoslavia),[Cómpre referencia] a Zona A tiña cerca de 310 000 habitantes, incluíndo 239 200 falantes de italiano e 63 000 eslovenos en 1949. Pola súa parte, segundo o censo iugoslavo de 1945, na parte de Istria que se converteu na Zona B había 67 461 habitantes, incluíndo 30 789 eslavos, 29 672 italófonos e 7 000 persoas de nacionalidade non identificada. Porén, segundo as fontes italianas contemporáneas, na zona B había entre 36 000 e 55 000 italófonos e entre 12 000 e 17 000 eslavos.

Consecuencias demográficas editar

A finais dos 1940 e nos anos que seguiron á división do territorio, máis de 40 000 persoas, a maioría delas italianas, elixiron abandonar a Zona B baixo administración iugoslava e trasladarse á Zona A, baixo administración italiana, por distintos motivos.

Desde 1954 até 1961 o 10 % da poboación (máis de 20 000 triestinos), emigrou, a maioría deles a Australia, especialmente ás zonas de Melbourne e Sydney.

Disolución editar

O 5 de outubro de 1954 asinouse o chamado Memorando de Londres polos ministros dos Estados Unidos de América, Reino Unido, Italia e Iugoslavia. O memorando cedeu, de facto, a administración civil da Zona A (a actual provincia de Trieste) a Italia e da Zona B a Iugoslavia. Ademais, quedaron baixo aministración iugoslava algunhas vilas da municipalidade de Muggia, que formaba parte da Zona A: Plavje, Spodnje Škofije, Jelarji, Hrvatini, Kolomban, Cerej, Premančan e Barizoni. Tamén o castelo e a vila de Socerb ao norte de San Dorligo della Valle pasou a administración iugoslava, segundo o Anexo I do Memorando.

O 10 de novembro de 1975 foi asinado na cidade italiana de Osimo (provincia de Ancona), un tratado bilateral entre a República Federal Socialista de Iugoslavia e a República italiana, co que a repartición acordada no Memorando de Londres adquiriu o status de iure. O tratado entrou en vigor o 11 de outubro de 1977.

Economía editar

A economía do Territorio Libre de Trieste baseábase no porto, o Porto Libre de Trieste, que tiña unha particular zona franca e tamén un centro financeiro que era un certo paraíso fiscal. Este status data de 1719, en tempos da monarquía dos Habsburgo,[2] e foi confirmado no tratado de París (1947). Neste último tratado permitíase a transformación de materias primas no porto con tarifas vantaxosas. As mercadorías que chegaban por mar desde países extraeuropeos podían seren introducidas libremente nos portos francos, sen importar a orixe ou o destino posterior, e sen ter que pagar ningunha taxa aduaneira no espazo do porto.[3]

Gobernadores do Territorio editar

Zona A editar

1 de maio de 1945 - 4 de xullo de 1945, Maj. Gen. Bernard Cyril Freyberg (Nova Zelandia) *
4 de xullo de 1945 - 4 de xullo de 1947, Col. Alfred Bowman (EE. UU.)*
4 de xullo de 1947 - 16 de setembro de 1947, Col. James Carnes (EE. UU.)*
16 de setembro de 1947 - 31 de maio de 1951, Maj. Gen. Terence Sydney Airey (Reino Unido)
31 de maio de 1951 - 26 de outubro de 1954, Maj. Gen. Thomas Winterton (Reino Unido)

Zona B editar

1 de maio de 1945 - 15 de setembro de 1947, Dušan Kveder (Iugoslavia) *
15 de setembro de 1947 - 15 de marzo de 1951, Mirko Lenac (Iugoslavia)
15 de marzo de 1951 - 26 de outubro de 1954, Miloš Stamatović (Iugoslavia)

* Gobernadores da Venecia Xulia antes da creación do TLT.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Novak, Bogdan C. (1996): Trieste 1941-1954. La lotta politica, etnica e ideologica. Milano: Ugo Mursia, ISBN 978-88-4252-009-2.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar