Terrell Owens

atleta estadounidense

Terrell Eldorado Owens, popularmente coñecido como T.O.. nado o 7 de decembro de 1973 en Alexander City (Alabama), é un ex xogador profesional de fútbol americano. Competiu durante dezaseis temporadas na National Football League (NFL) como wide receiver. Invitado seis veces á Pro Bowl e seleccionado cinco veces no primeiro equipo All-Pro, Owen mantén verios récords históricos da NFL. Despois de xogar a fútbol americano e baloncesto na Universidade de Tennessee en Chattanooga, Owens foi seleccionado na terceira rolda do Draft de 1996 polos San Francisco 49ers, onde permanceu durante sete temporadas. Posteriormente xogou nos Philadelphia Eagles, Dallas Cowboys, Buffalo Bills e Cincinnati Bengals. Ante da súa retirada xogou para os Allen Wranglers de Football Indoor, para posteriormente asinar cos Seattle Seahawks, aínda que sen chegar a debutar. Considerado como un dos mellores xogadores da súa época, Owens creou moita polémica durante a súa carreira, alén de chamar á atención coas súas extravagantes celebracións de touchdown.[1] No ano 2018 foi incluído no Salón da Fama do Fútbol Profesional.

Terrell Owens
No. 81
Posición:Wide receiver
Información persoal
Nacemento:7 de decembro de 1973 (50 anos)
Lugar:Xeorxia Alexander City (Alabama)
Altura:6 ft 3 in (1,91 m)
Peso:224 lb (102 kg)
Información da carreira
Instituto:Benjamin Russell
Universidade:Chattanooga
NFL Draft:1996 / Rolda: 3 / Pick: 89
Historial de equipos
San Francisco 49ers (1996–2003)
Philadelphia Eagles (2004–2005)
Dallas Cowboys (2006–2008)
Buffalo Bills (2009)
Cincinnati Bengals (2010)
Premios e galardóns
  • 6× Pro Bowl (2000–2004, 2007)
  • 5× Primeiro equipo All-Pro (2000–2002, 2004, 2007)
Estatísticas NFL
Recepcións:1.078
Iardas de recepción:15.934
Iardas por recepción:14,8
Touchdowns:153
Estatísticas en NFL.com
Estatísticas en PFR

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar