Terra Nova e Labrador

(Redirección desde «Terranova e Labrador»)

Terra Nova e Labrador (Newfoundland and Labrador, en inglés, e Terre-Neuve-et-Labrador, en francés) é unha provincia do Canadá. Foi a última provincia a entrar na confederación canadense, en 1949.

'Vinland'
Dominion of Newfoundland Red Ensign.svg
Terra Nova e Labrador

Xeograficamente, a provincia consiste na illa de Terra Nova e mailo Labrador, localizado no continente. A provincia está localizada no leste canadense, nas marxes do Océano Atlántico. Cando a provincia entrou no Canadá en 1949, chamábase Terra Nova, mais desde 1964 o goberno da provincia autonomeouse Goberno de Terra Nova e Labrador, e o 6 de decembro de 2001, criouse unha emenda na Constitución do Canadá, que mudou o nome da provincia para o actual nome.

Orixinalmente, a provincia foi colonizada polos franceses, facendo parte da Acadia. Na década de 1690 a rexión foi conquistada por Gran Bretaña. Terra Nova e Labrador continuou como colonia británica ata 1948, cando se iniciou unha votación que decidiría o futuro da provincia. A poboación da provincia, entre ser anexada polos Estados Unidos, continuar como colonia británica, converterse nunha nación independente ou ser anexada polo Canadá, preferiu a última opción, e Terra Nova e Labrador converteuse na décima provincia do Canadá, o 31 de marzo de 1949.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.