A termoclina é unha capa dentro dun corpo de auga ou de aire onde a temperatura cambia rapidamente coa profundidade ou a altura, respectivamente.

Os lagos estratifícanse en tres seccións separadas: Ⅰ. O epilimnio; Ⅱ. O metalimnio e Ⅲ. O hipolimnio
As escalas utilízanse para asociaren cada sección á estratificación ás súas profundidades e temperaturas correspondentes. A saeta úsase para mostrar o movemento do vento sobre a superficie da auga, o que inicia a rotación no epilimnio e o hipolimnio.

Nos océanos editar

Debido a que a auga non é perfectamente transparente, a maioría da luz solar é absorbida na capa superficial, que así se quenta.

O vento e a circulación de ondas moven a auga nesta capa, distribuíndoa dentro della, facendo que a temperatura relativamente se uniformice nas primeiras ducias de metros.

Debaixo desta capa de mestura, a temperatura baixa moi rapidamente; quizais a máis de 20 °C nos seguintes 150 m de profundidade.

Esta área de rápida transición é a termoclina; debaixo dela, a temperatura continúa caendo, pero moito máis gradualmente.

Nos océanos, o 90 % da auga está debaixo da termoclina.

Este chamado "océano profundo" está formado por capas de igual densidade, pobremente mesturada, e tan fría como de 0 a 3 °C

 
Gráfico de situación da termoclina en condicións normais.
 
Gráfico de situación da termoclina en La Niña.