Teresa Wilms Montt

María Teresa de las Mercedes Wilms Montt, nada en Viña del Mar o 8 de setembro de 1893 e finada en París o 24 de decembro de 1921, foi unha escritora, poeta e anarcofeminista chilena, tamén coñecida como Thèrése Wilms Montt, Tebal e Teresa de la Cruz. Foi descrita como "encarnación da aberrancia sexual e da profecía social".[1]

Teresa Wilms Montt
Nome completoMaría Teresa de las Mercedes Wilms Montt
AlcumeTebal e Teresa de la Cruz
Nacemento8 de setembro de 1893 e 1893
Lugar de nacementoViña del Mar
Falecemento24 de decembro de 1921 e 1921
Lugar de falecementoParís
SoterradaCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeChile
Ocupaciónescritora e poeta
Na rede
WikiTree: Wilms_Montt-1
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Foi a segunda filla entre as seis fillas (Luz Teresa Rosa, María Inés, Carolina Isabel, Carmen, Victoria Margarita e Ana Esperanza) do matrimonio de Federico Guillermo Wilms y Brieba (1867-1943), suposto descendente da realeza prusiana, e Luz Victoria Montt y Montt (1870-1917), bisneta do presidente da república Manuel Montt. Tiña ascendencia alemá por parte de pai e catalá de Xirona por parte de nai.[2] Tivo unha esmerada educación por parte de institutrices e titores privados,[3] segundo as regras da época destinada a manter un matrimonio e o protocolo da alta sociedade, sen contar co seu carácter rebelde que axiña manifestou. Con facilidade para as linguas, aprendeu francés (idioma en que escribiu os seus diarios), inglés, italiano, portugués e un pouco de alemán.

En 1910, con dezasete anos, casou con Gustavo Balmaceda Valdés, sobriño do presidente José Manuel Balmaceda, en contra da vontade da súa familia e da do seu escollido. En Santiago integrouse na activa vida cultural da cidade. Os celos e o alcoholismo do seu marido provocáronlle graves conflitos familiares. O matrimonio tivo dúas fillas, Elisa, chamada "Chita" (1911), e Sylvia Luz (1913).

Entre 1912 e 1915 residiu en Iquique en pleno auxe salitreiro por razóns de traballo do seu marido.[4] Alí comezou a súa relación con feministas e sindicalistas e observou os novos movementos dos reformistas. Entrou na masonaría[5] e fixo as súas primeiras publicacións na prensa da cidade co pseudónimo de Tebal.[6]

Tralo seu regreso a Santiago, o seu esposo descubriu a relación que ela mantiña con Vicente Balmaceda Zañartu, primo de Gustavo, ao que nos seus diarios chamaba poeticamente "Vicho", "Mi amante ídolo" ou "Jean", e que pouco a pouco se converteu na inspiración dos seus primeiros escritos. Un tribunal familiar recluíuna o 18 de outubro de 1915 no convento do Precioso Sangue,[7][8] onde intentou suicidarse o 29 de marzo do ano seguinte.[9]

Viaxes editar

 
Retrato de Teresa de la Cruz por Julio Romero de Torres (1920)

En xuño de 1916, Vicente Huidobro axudouna a fuxir do convento e marcharon xuntos a Buenos Aires.[10] Grazas á súa permanencia nesta gran cidade que comenzaba a destacar pola súa intelectualidade cosmopolita, desenvolveu novas amizades cos escritores Victoria Ocampo, Jorge Luis Borges e Pelegrina Pastorino (Péle) e viviu a revolución da moda feminista, que lle presentou a posibilidade de levar pantalóns. Esta corrente tivo un enorme impacto nela.

Na capital arxentina inaugurou a súa carreira literaia, publicando en 1917 os seus libros Inquietudes sentimentales e Los tres cantos. En agosto dese ano, Horacio Ramos Mejía, mozo de 20 anos e un dos seus namorados, suicidouse fronte a ela (en 1919 publicou Anuarí, poemario dedicado a el). Tras esta traxedia, partiu no barco Vestris a Nova York para colaborar coa Cruz Vermella durante a Primeira guerra mundial, mais:

Non me deixaron desembarcar e encerráronme con chave no camarote... por graves sospeitas de espionaxe ao serivzo alemán. [...] O día 4 [de xaneiro de 1918], a causa da primeira letra do meu apelido, fun a última en desfilar ante a presenza dun empregado que acompañado de detectives e oficiais revisaba os pasaportes [en illa Ellis]. Ao ler o meu nome o representante da autoridade yankee miroume da cabeza aos pés, e sen facerme pregunta ningunha, ordenou en voz alta a un subalterno que me acompañará en calidade de detida.

En Europa editar

Tras ser acusada de espía foi deportada a España,[9][11] onde se integrou na bohemia madrileña e frecuentou o café Pombo. Presentada por Joaquín Edwards Bello, coñeceu os escritores Ramón Gómez de la Serna, Enrique Gómez Carrillo e, principalmente, Ramón María del Valle-Inclán, que prologou os libros que publicou no país. Alí saíron á luz En la quietud del mármol e Mi destino es errar, como Teresa de la Cruz.[12][13] Na capital española retratárona os pintores Julio Romero de Torres e Anselmo Miguel Nieto.

Tras errar por Buenos Aires, Sevilla, Córdoba e Granada, estableceuse en París en 1920. Alí volveu encontrarse coas súas fillas despois de cinco anos de non velas.[9] Cando as nenas regresaron a Chile, a dor da nova separación provocoulle unha terrible depresión[9] que a levou ao suicidio.[14] Faleceu o 24 de decembro de 1921 por unha sobredose de veronal aos 28 anos de idade. Está enterrada na división 82 do cemiterio do Père-Lachaise.[15]

Na cultura popular editar

A cineasta chilena Tatiana Gaviola rodou un filme baseado na vida da escritora, Teresa, estreado o 11 de xuño de 2009.[16][17]

Obras editar

  • Inquietudes sentimentales, Buenos Aires, 1917.
  • Los tres cantos, Buenos Aires, 1917.
  • En la quietud del mármol, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1918.
  • Anuarí, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1919.
  • Cuentos para hombres que son todavía niños, Buenos Aires, Argentina, 1919.
  • Lo que no se ha dicho, antoloxía, Editorial Nascimento, Santiago de Chile, 1922.
  • Obras completas, compilada por Ruth González-Vergara, Editorial Grijalbo, Barcelona, 1994.

Notas editar

  1. Richards, Keith John (20 de xullo de 2011). Themes in Latin American Cinema: A Critical Survey. McFarland. p. 181. ISBN 978-0-7864-8918-3. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  2. Ruth González-Vergara. Teresa Wilms Montt: Un canto de libertad, Penguin Random House Grupo Editorial Santiago de Chile, 2011 Google Books ten dispoñibles en liña fragmentos deste libro; consultado o 30 de setembro de 2017
  3. Marcas identitarias (en Spanish). Editorial Cuarto Propio. p. 97. ISBN 978-956-260-392-8. Arquivado dende o orixinal o 2020-01-26. Consultado o 2021-03-05. 
  4. Subercaseaux, Bernardo (1 de xaneiro de 1997). Historia de las ideas y de la cultura en Chile (en Spanish). Editorial Universitaria. p. 109. ISBN 978-956-11-1707-5. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  5. Gazmuri R., Cristián (11 de xaneiro de 2012). Histografía chilena (1842–1970) II. Penguin Random House Grupo Editorial Chile. pp. 267–. ISBN 978-956-347-127-4. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  6. Steenhuis, Aafke (2007). La travesía del salitre chileno: de la pampa a la tierra holandesa (en castelán). LOM Ediciones. p. 46. ISBN 978-956-282-942-7. Arquivado dende o orixinal o 2020-06-21. Consultado o 2021-03-05. 
  7. «Destino errante y trágico», Memoria Chilena, s/f; acceso 30.09.2017
  8. May, Catalina (21 de xuño de 2009). "La encantadora aristócrata que se pasó a su clase por la raja". The Clinic. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Narran la Historia de la Escritora Teresa Wilms Montt". Chile.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  10. González-Vergara, Ruth (1 de xaneiro de 1993). Teresa Wilms Montt: un canto de libertad : biografía (en castelán). Grijalbo. p. 122. ISBN 9789562580298. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  11. Garlitz, Virginia Milner. "The Last Muse of the Marqués de Bradomín ?". elpasajero.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  12. "También para ellos" (PDF). letrasdechile.cl (en Spanish). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  13. "Cuentos para los hombres que son todavía niños [microform] (1919)". Buenos Aires: Otero & Co. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  14. Lamperein, Lina Vera; Vieira, Ana María; Molina, Paz (2008). Presencia femenina en la literatura nacional: una trayectoria apasionante, 1750-2005 (en castelán). Editorial Semejanza. p. 80. ISBN 978-956-7590-46-9. Arquivado dende o orixinal o 2017-04-17. Consultado o 2021-03-05. 
  15. Biblioteca Nacional de Chile
  16. "Nueva película chilena narra la vida de la poetisa Teresa Wilms Montt". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2009. 
  17. "La rebeldía y tragedia de Teresa Wilms Montt llegan al cine". La Tercera. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar