Teresa Ribera

política española
(Redirección desde «Teresa Ribera Rodríguez»)

Teresa Ribera Rodríguez, nada en Madrid o 19 de maio de 1969, é unha xurista, profesora universitaria e política española, actual ministra para a Transición Ecolóxica do Goberno de España.

Infotaula de personaTeresa Ribera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Teresa Ribera Rodríguez Editar o valor em Wikidata
19 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Vicepresidenta terceira do Goberno de España
12 de xullo de 2021 –
Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez
Deputada de España

3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Gema López Somoza (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Minister for Ecological Transition (en) Traducir
7 de xuño de 2018 –
Presidente Institute for Sustainable Development and International Relations (en) Traducir
2014 – 2018
← Laurence TubianaJean Jouzel (pt) Traducir →
Secretary of State for Climate Change (en) Traducir
22 de abril de 2008 – 30 de decembro de 2011
← sen valor – Supresión do cargo →
Diretor-geral (pt) Traducir Spanish Climate Change Office (en) Traducir
25 de novembro de 2006 – 22 de abril de 2008 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogada , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor em Wikidata

Twitter: Teresaribera Dialnet: 814529 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e diplomada en Dereito Constitucional e Ciencia Política polo Centro de Estudos Constitucionais. Pertence ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado do que é funcionaria excedente desde 2012 e foi profesora asociada do Departamento de Dereito Público e Filosofía de Dereito na Universidade Autónoma de Madrid.

Desempeñou diversos cargos técnicos na administración pública, como o posto de xefa de servizo de Coordinación Normativa do Ministerio de Fomento e o de conselleira técnica no Gabinete do Subsecretario de Medio Ambiente e o de xefa de área de Cumprimento e Desenvolvemento. Entre 2004 e 2008 foi directora xeral da Oficina de Cambio Climático e entre 2008 e 2011 asumiu a Secretaría de Estado de Cambio Climático (no Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) durante o goberno do presidente José Luis Rodríguez Zapatero.

Ribera é tamén membro de distintos consellos asesores entre os que destacan o consello de Liderado Global da United Nations Sustainable Development Solutions Network (UNSDSN), o consello asesor global en cambio climático do Foro Económico Mundial, e o da iniciativa Momentum For Change da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC); pertence ao consello internacional do BC3, ao consello asesor do Institut pour la Recherche du Développement (IRD) e aos padroados de Fundipax e a Fundación Alternativas.

En setembro de 2013 empezou a colaborar no Instituto de Desenvolvemento Sustentable e Relacións Internacionais (IDDRI), con sede en París, e en xuño de 2014 asumiu a súa dirección. A organización está dedicada á análise de cuestións estratéxicas relacionadas co desenvolvemento sustentable, cambio climático, protección da biodiversidade, seguridade alimentaria e xestión do proceso de urbanización.

En maio de 2014 a Fiscalía denunciou o proxecto Castor por prevaricación ambiental e unha dunha das acusacións foi dirixida contra Teresa Ribera dado que en 2009, momento en que foi aprobado polo Goberno o proxecto, esta ocupaba a secretaría xeral de Cambio Climático, sendo ela quen asinou a Declaración de Impacto Ambiental pola que se autorizou o proxecto. En 2015 foron imputadas 18 persoas técnicas entre as que non se atopaba ningún cargo político e si técnicos do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) e responsables da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A exsecretaria de Estado Teresa Ribera non foi citada.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra para a Transición Ecolóxica do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Véxase tamén

editar