Teresa Perales

nadadora paralímpica española

María Teresa Perales Fernández, nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, é unha nadadora paralímpica española, ademais de expolítica e escritora.[1] É a deportista paralímpica española máis condecorada da historia.

Teresa Perales
Nome completoMaría Teresa Perales Fernández
Nacemento29 de decembro de 1975
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónnadador e política
PremiosKnight Grand Cross of the Order of Sports Merit, Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e Medalla ó Mérito no Traballo
Na rede
http://www.teresaperales.es/
Facebook: teresaperalesfernandez Twitter: teresa_perales Instagram: teresaperales LinkedIn: teresaperales Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, aos 19 anos perdeu a mobilidade dende a cintura até os pés por mor dunha neuropatía. O derradeiro día que andou sen muletas foi para celebrar que o Real Zaragoza gañara a Recopa de Europa en maio de 1995.[2] Logo duns meses moi duros, asimilou que perdera a capacidade de camiñar e adaptouse á súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e despois dun ano comezou a competir.[3][4]

Contraeu matrimonio co xornalista español Mariano Menor o 8 de xaneiro de 2005 na Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza.[5] En 2010, converteuse en nai logo de nacer o seu fillo Mariano.[6]

Traxectoria deportiva Editar

Gañou 27 medallas nos Xogos Paralímpicos entre os anos 2000 e 2021. Conseguiu 22 medallas no Campionato Mundial de Natación Adaptada entre os anos 1998 e 2019. O 29 de agosto de 2012, foi a abandeirada da delegación española na cerimonia de inauguración dos Xogos Paralímpicos celebrados na cidade de Londres.[7]

Notas Editar

  1. "Teresa Perales". Comité Paralímpico Internacional. Consultado o 7 de maio de 2018 (en inglés). 
  2. MUJER HOY - MARÍA JOSÉ BARRERO (22 de decembro de 2012). "IV Edición Premios Mujer hoy. Teresa Perales: "No cambiaría por nada en el mundo mi vida de ahora"". Mujer Hoy.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  3. «Entrevista a Teresa Perales». Portal de las Comarcas de Aragón. Consultado o 6 de maio de 2018 (en castelán).
  4. "Teresa Perales: "La silla no es lo que me cambió la vida"". El Periódico de Aragón.com. 1 de novembro de 2012. Consultado o 1 de novembro de 2012. 
  5. "La mejor medalla de Teresa". El Periódico de Aragón.com (en castelán). 9 de xaneiro de 2005. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  6. "La coleccionista de medallas". Marca.com (en castelán). 10 de setembro de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2012. 
  7. "Teresa Perales será la abanderada española en los Paralímpicos de Londres 2012" (en castelán). Espiritu Deportivo. 21 de agosto de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2012.