Teresa Novelle Rodríguez

política galega

Teresa Novelle Rodríguez, nada en Ourense en 1892, foi unha política galega.

Infotaula de personaTeresa Novelle Rodríguez
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Ourense Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaNiceto San José Aguilera Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Compañeira do militante comunista Aniceto San José, vivían na Coruña. En 1920 traballaba como demandadera no porto coruñés e participou na folga de estibadores do verán, e foi denunciada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi unha das mulleres que colaboraron nas redes clandestinas que organizaban fuxidas polo mar. Implicada na tentativa de fuga do boniteiro Explorador, foi detida. Xulgada en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,[1] foi condenada a 20 anos de prisión. En xaneiro de 1944 foi sancionada polo Goberno civil cunha multa de 50 pesetas por desobediencia aos axentes da Autoridade.[2]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 30-1-1944, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar