Teresa Losada

filóloga e relixiosa galega

Teresa Losada Campo, nada en Lugo en 1943 e finada en Sant Vicenç dels Horts o 25 de agosto de 2013, foi unha relixiosa e filóloga galega.[1]

Infotaula de personaTeresa Losada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Teresa Losada Campo Editar o valor em Wikidata
1943 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarabista , filóloga , monxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 134590

Traxectoria editar

Doutorada en Filoloxía semítica na Universidade de Barcelona, despois ingresou na orde franciscana, Misioneira de María, sendo coñecida como «a monxa dos inmigrantes». En 1974, fundou Bayt Al-Thaqafa (Casa da Cultura), unha asociación referente no diálogo entre o cristianismo e o islam, con sé en Barcelona e en Sant Vicenç dels Horts.[2] A entidade, formada por 60 voluntarios e 20 profesionais, moitos deles irmáns e irmás franciscanos, axuda cada ano a máis de 4.000 inmigrantes árabes residentes na comunidade autónoma de Cataluña[3] e consegue a inserción social dos mesmos sen que por iso perdan as súas raíces, tradicións e coñecementos da súa cultura.[4] A entidade organiza actividades para a alfabetización dos inmigrantes, tanto en catalán como en castelán, cursos de promoción da muller e de formación profesional, así como actividades de apoio á lingua e á cultura árabe dirixidas ós menores.

En 2000, Teresa Losada foi nomeada consultora do Consello Pontificio para o Diálogo Interrelixioso para as relacións cos musulmáns e en 2002 foi galardoada co Premio Cruz de San Jordi. A Generalitat de Cataluña tamén lle outorgou en 2012 o Memorial Cassià Just en recoñecemento á súa traxectoria.

Notas editar