Teresa Egerique

xornalista e política galega

Teresa Egerique Mosquera, nada en Vigo en 1976, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Teresa Egerique
Nacemento1976
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e política
PaiPablo Egerique
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla de Pablo Egerique Martínez. É doutora en Ciencias da Información e máster en Imaxe e Consultaría Política. Foi xefe de prensa no Porto de Vigo e profesora asociada na Universidade de Vigo. É concelleira en Vigo polo PPdeG dende 2011. Pertenceu á executiva do PPdeG dende 2013. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 era a candidata número tres pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. Foi voceira do grupo parlamentario popular nas áreas de Cultura e de Portos e posteriormente de Pesca. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 ía no posto 14 da candidatura do PPdeG por Pontevedra e non resultou elixida deputada.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar