Teresa Bernárdez

psiquiatra española


Teresa Bernárdez, nada o 11 de xuño de 1931 en Buenos Aires e finada en East Lansing (Míchigan), o 12 de xullo de 2010,[1] foi unha psiquiatra galega.

Infotaula de personaTeresa Bernárdez
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bernárdez era filla dos masidaos Francisco Fernández e Dolores Nóvoa, e irmá da escritora e tradutora Aurora Bernárdez. Doutora en Medicina pola Universidade de Buenos Aires, completou a súa formación no Hospital Vaugirard de París, no hospital universitario de Topeka (Kansas), no londiniense Clínica Tavistok e no Radclife College de Harvard. Desenvolveu a súa carreira como catedrática de psiquiatría na Universidade do Estado de Míchigan e como psicoterapia ata a súa xubilación.

Profesionalmente a súa especialización orientouse á saúde mental da muller e liderou unha batalla nos anos 80 para que a Asociacion Americana de Psiquiatría deixase de considerar enfermidades mentais o trastorno disfórico premenstrual, a biastofilia e o trastorno de personalidade masoquista. A súa produción científica máis destacada vira ao redor da saúde psiquiátrica da muller.[2][3]

Obra editar

Ademais da súa produción científica, Bernárdez compilou un volume da súa poesía.

Notas editar

  1. "Teresa Bernardez Obituary (2010) - East Lansing, MI - Lansing State Journal". Legacy.com. Consultado o 2023-02-01. 
  2. Prevalent Disorders of Women: Attempts Toward a Different Understanding and Treatment, Women & Therapy, 3, 3-4, 1984.
  3. Bernardez, Teresa (1982). Solomon, Kenneth; Levy, Norman B., eds. The Female Therapist in Relation to Male Roles (en inglés). Boston, MA: Springer US. pp. 439–461. ISBN 978-1-4684-4211-3. doi:10.1007/978-1-4684-4211-3_18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns relacionadas editar