Teresa Arán Trillo
(Redirección desde «Teresa Ana María Arán Trillo»)
Teresa Ana María Arán Trillo, nada en Fisterra o 20 de xaneiro de 1933, é unha mestra, poetisa e pintora autodidacta galega.
Teresa Arán Trillo | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1933 |
Lugar de nacemento | Fisterra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Pasou a infancia en Pontedeume. Mestra e funcionaria na Xunta de Galicia, poetisa e pintora autodidacta, colaborou en O Berrón, Galicia en Madrid e Poesía Galicia. Ten publicados tres poemarios, dous en castelán e un en galego. É autora da letra do himno de Sada.
Obras editar
- Faíscas do tempo, 1987.
- Entre dos luces, 1997.
- Diálogos con el mar, 1997.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Arán Trillo, Teresa". Diccionario enciclopédico galego universal 5. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 34–35. ISBN 84-7680-429-6.
- "Arán Trillo, Teresa". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 60.
- "Arán Trillo, Teresa". Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 145. ISBN 84-7680-288-9.
- Blanco García, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-560-6.
- Rei Lema, Xosé María (2011). Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 58. ISBN 84-8288-019-5.