Terence Hill

actor italiano

Mario Girotti, nado en Venecia o 29 de marzo de 1939, é un actor e director italiano, máis coñecido co nome artístico de Terence Hill. É particularmente recoñecido polas súas películas a carón de Bud Spencer (Carlo Pedersoli).

Infotaula de personaTerence Hill

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Mario Girotti Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Venecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTerence Hill Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia
Alemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónActors Studio (pt) Traducir
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema, film screenwriting (en) Traducir e dirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , actor de televisión , actor , guionista de cinema , actor de cinema , director de televisión , produtor de televisión , humorista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoSpaghetti Western e cinema de comedia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalBud Spencer: Terence Hill and Bud Spencer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo
ximnasia artística Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLori Zwicklbauer Editar o valor em Wikidata
FillosJess Hill, Ross Hill Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webterencehill.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001352 Allocine: 2796 Rottentomatoes: celebrity/terence_hill Allmovie: p32352 TCM: 86524 TV.com: people/terence-hill
Facebook: terencehillofficial Instagram: terencehillofficial Discogs: 2764442 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os comezos editar

Mario Girotti nace de nai alemá e pai italiano en Venecia o 29 de marzo do 1939, e a súa infancia transcorre en Saxonia, en Dresde. Xa de novo demostraba unha certa predisposición para a actuación, un carácter extravertido, intelixencia e curiosidade.

A súa aparición na gran pantalla deuse case de casualidade cando, aínda sendo moi novo, despertou o interese do director Dino Risi durante unha competición de natación. Mario foi seleccionado para un pequeno papel do filme Vacanze con il gangster (1951). Mario seguiría os seus estudos, emprendendo unha modesta carreira de actor para pagar os mesmos.

Os primeiros éxitos e o encontro con Bud Spencer editar

Despois de tres anos de estudos de Literatura Clásica na Universidade de Roma, decide dedicarse completamente ao cine, obtendo un bo resultado. O director Luchino Visconti escólleo para a adaptación ao cine do libro O Gatopardo. O filme dálle unha certa notoriedade e lanza a súa carreira de actor.

No 1967 casa con Lori Zwicklbauer, unha rapaza americana de orixe alemá, a que coñeceu o mesmo ano da rodaxe de Dio perdona... io no!. Pero nesa rodaxe o encontro máis importante desde o punto de vista artístico foi con Carlo Pedersoli, alias Bud Spencer, o futuro inseparable compañeiro de interpretación. Decide con este último cambiar de nome, considerando "Mario Girotti" demasiado "italiano". Escolle o nome "Terence" en homenaxe ó autor latino Terenzio, americánizandoo, e acompañándoo do apelido "Hill".

Foi unha curiosidade á participación de Terence Hill neste filme: foi elixido para substituír a Peter Martell (Pietro Martellanza), vítima dun accidente a cabalo.

Aínda que en Lo chiamavano Trinità Terence Hill non fora inicialmente seleccionado para o papel protagonista, pois Enzo Barboni (máis coñecido como E.B. Clucher) elixira a Franco Nero para interpretar o papel de Trinità, pero o actor preferiu unha produción americana, a película Camelot (1967). Elixiuse a Terence polo seu parecido con Franco Nero.

A notoriedade internacional editar

Algúns títulos do xénero Spaghetti Western xunto ó seu amigo Bud Spencer levárono ao éxito, como o filme de culto Lo chiamavano Trinità (1970) e a súa secuela ...continuavano a chiamarlo Trinità (1971), que os lanzaron ao estrelato internacional.

A eses títulos seguiron outros igualmente exitosos como ...altrimenti ci arrabbiamo! e Io sto con gli ippopotami.

Naquel tempo, Hill participa nalgunha produción hollywoodiana, como La Bandera: marcia o muori (1977), de Dick Richards, con Gene Hackman, e Mister Miliardo (1977) de Jonathan Kaplan, con Valerie Perrine.

Ó mesmo tempo, e co seu amigo Bud Spencer, colaboraron na coreografía e música dalgunha das súas películas. Máis tarde, Hill decidiría dedicarse tamén ao oficio de dirixir as súas propias películas.

A crise e o rexurdir editar

Hill atravesou un longo período de depresión causada pola perda no 1990 (a causa dun accidente de tráfico en Stockbridge, Massachussett) do seu fillo adoptivo Ross, co que aparecera no 1983 no filme Don Camillo e no 1987 no filme Renegade - Un osso troppo duro. Sucesivamente o actor foi relanzando a súa carreira participando na serie televisiva italiana Don Matteo.

Filmografía editar

Actor editar

Como Mario Girotti editar

Como Terence Hill editar

Director editar

Na escenografía editar