Medicina alternativa

práctica curativa non apoiada por probas obtidas mediante o método científico
(Redirección desde «Terapia alternativa»)

Medicina alternativa é toda práctica que afirma ter os efectos curadores da medicina pero que non está apoiada por probas obtidas mediante o método científico, polo que a súa efectividade non foi probada máis aló do efecto placebo.[1] Consiste nun amplo rango de prácticas, produtos e «terapias». Nesta denominación inclúense prácticas pseudomédicas novas e tradicionais como homeopatía, naturopatía, quiropraxia, curación enerxética, ozonoterapia, radiestesia, varias formas de acupuntura, medicina tradicional chinesa, medicina ayurvédica, curación divina, xunto a outros tratamentos que non son parte da medicina científica.[2][3][4]

Unha tenda de produtos homeopáticos pode parecer como unha farmacia de menciñas científicas. A diferenza non está na súa aparencia, senón no seu fundamento e eficacia.
A comunidade científica é crítica coa medicina alternativa por realizar afirmacións desacreditadas ou non comprobadas. Na foto: Produto milagre.

A medicina complementaria é a medicina alternativa empregada xunto coa medicina baseada en feitos baixo a crenza, non probada por métodos científicos, que "complementa" o tratamento. MAC (ou CAM en inglés) é a abreviación para medicina alternativa e complementaria. A medicina integrativa é a combinación de prácticas e métodos da medicina alternativa coa medicina científica.[Cómpre referencia]

Aínda que a idea popular é que estas técnicas son máis inocuas que as da medicina convencional, poden presentar diversos riscos para a saúde, como a inxestión de substancias que poden orixinar interaccións e mesmo toxicidade, manipulacións sobre o corpo que poden causar lesións, non acudir a un médico titulado, ou o atraso en empezar o tratamento convencional adecuado ou o seu abandono.[5] Un exemplo son os movementos antivacinas, que en decembro de 2014 provocaron o inicio dun virulento gromo de xarampón en Disneylandia (Estados Unidos) e a morte dun neno enfermo de difteria en Cataluña (España), en xuño de 2015.[6][7][8][9]

Notas editar

  1. Adam Brooke Davis: «A few words about folk medicine». Arquivado 01 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  2. "What is Complementary and Alternative Medicine (CAM)?". National Center for Complementary and Alternative Medicine. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2005. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  3. "Complementary and Alternative Medicine in the United States". United States Institute of Medicine. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 30 de abril de 2017. Complementary and alternative medicine (CAM) is a broad domain of resources that encompasses health systems, modalities, and practices and their accompanying theories and beliefs, other than those intrinsic to the dominant health system of a particular society or culture in a given historical period. CAM includes such resources perceived by their users as associated with positive health outcomes. Boundaries within CAM and between the CAM domain and the domain of the dominant system are not always sharp or fixed. 
  4. "Traditional Medicine: Definitions". World Health Organization. 
  5. Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad. "Análisis de situación de las terapias naturales" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  6. "Un brote de sarampión en Disneyland pone el foco en la moda antivacunas". 
  7. "Boi Ruiz: “Es triste que sin dificultad para vacunar haya pasado esto”". 
  8. "El conseller de Salud espera que la muerte por difteria provoque una 'reflexión colectiva' para vacunar". 
  9. Steven Abrams. "Vaccines protect children and so should pediatricians". Houston Chronicle.