Teoría de sistemas

A teoría de sistemas intenta producir teorías e formulacións conceptuais que poden crear condicións de aplicación na realidade empírica, trata de resolver problemas complexos do mundo científico desde un enfoque holístico. Un sistema é un conxunto de elementos dinámicamente relacionados que forman unha actividade para alcanzar un obxectivo, operando sobre datos para prover de información.

Características dos sistemas

editar
  • Están formados por elementos, os cales poden ter as características dun sistema, sendo nese caso nomeados tales elementos como subsistemas.
  • Nun sistema cada elemento ten unha función específica, e relaciónase co resto dos elementos.
  • As propiedades emerxentes son a coordinación dos elementos para desempeñar unha ou varias funcións, non aparecerían no estudo dos elementos por separado.
  • Aínda que existen sistemas pechados, son maiormente sistemas abertos, os cales para o seu funcionamento reciben e transmiten enerxía ou materia ou información de/para o exterior do sistema.

Uso dos modelos

editar

Os modelos simplifican a realidade para poder explicala. Un mesmo sistema pódese representar mediante distintos modelos. Os modelos non son aplicables fóra do contorno para o que foron formulados.

  • Modelos mentais: son os que gardamos na nosa mente e que non son realidade.Serven para explicar a realidade e guiarnos polo mundo.
  • Modelos formais: son os modelos matemáticos, son só aproximacións a realidade pero da forma máis concreta e precisa posible. Pódese verificar comparándoo coa realidade.

Temos que marcar as fronteiras da caixa e sinalar as entradas e saídas se existen.

  • Sistemas pechados: non presentan intercambio co medio ambiente que lles rodea, nin reciben recursos externos nin envían nada producido cara a fóra.
  • Sistemas abertos: presentan intercambio de enerxía e materia có medio ambiente, a través de entradas e saídas
  • Sistemas illados: neles non existe intercambio de materia nin enerxía.

Calquera modelo de caixa negra ten que cumprir as leis da termodinámica.

  1. A lei da conservación da enerxía.
  2. A lei da entropía.

Modelos de caixa branca

editar

Temos que localizar as variables que o copoñen a unir as que estean relacionadas entre si.

  • Simples
    • Directas: o aumento de A causa o aumento de B.
    • Inversas: o aumento de A implica a diminución de B.
    • Encadeadas: cando hai varias variables unidas.
  • Complexas

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar