A Teoría M é unha das candidatas a converterse na Teoría do todo. Ten a súa orixe na Teoría das cordas segundo a cal todas as partículas son en realidade diminutas cordas que vibran a certa frecuencia e nós vivimos nun universo vibrante, o cal requiere 10 dimensións.

A teoría M é unha das solucións propostas para a descoñecida teoría de todo, a cal combina as 5 teorías das supercordas e supergravedade en 11 dimensións. De acordo co Dr. Edward Witten, quen propuxo a teoría, son necesarias ferramentas matemáticas, moitas das cales aínda teñen que ser inventadas, para un total entendemento da mesma.

Índice

Características da teoría MEditar

A teoría M contén moito máis que só cordas. Contén tanto obxectos de maior como menor dimensionalidade. Estes obxectos son chamados p-branas* onde p denota a súa dimensionalidade (así, 1-brana podería ser unha corda e 2-brana unha membrana) ou d-branas (se son cordas abertas). Obxectos de maiores dimensións sempre estiveron presentes na teoría das cordas pero nunca puideron ser estudados antes da Segunda Revolución das Supercordas debido á súa natureza non-perturbativa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar