Teodora Porfiroxénita

Teodora (en grego Θεοδώρα, literalmente "don de Deus"), nada no 981 e finada o 31 de agosto de 1056, reinou como emperatriz bizantina do 11 de xaneiro de 1055 ao 31 de agosto de 1056. Era filla de Constantino VIII.

Teodora Porfiroxénita
Nacementoc. 984
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento31 de agosto de 1056 e 1056
Lugar de falecementoConstantinopla
SoterradaIgreja dos Santos Apóstolos
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpolítica
PaiConstantino VIII
NaiHelena
IrmánsZoe Porfiroxénita
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cun carácter austero e forte, rexeitou a man do suposto herdeiro, o futuro Romano III, que foi desposado entón coa súa irmá Zoe en 1028. E aínda que viviu bastante retirada do mundo, espertou os celos de Zoe, que a confinou nun mosteiro pretextando unha suposta conspiración.

O 19 de abril de 1042 o movemento popular que deu lugar ao destronamento de Miguel V tamén conduciu á entronización de Teodora como coemperatriz coa súa irmá Zoe. Tras dous meses de participación activa no goberno, aceptou ser desprazada do poder polo novo marido de Zoe, Constantino IX o 11 de xuño de 1042.

A raíz da morte deste, o 11 de xaneiro de 1055, e malia contar ela con máis de setenta anos de idade, fixo valer con vigor os seus dereitos ao trono, e frustrou un intento de ser apartada do poder en beneficio do xeneral Nicéforo Briennio. Grazas á súa administración firme, controlou os nobres rebeldes e acabou con moitos abusos, pero menoscabou a súa reputación pola excesiva severidade cara aos seus inimigos privados e polo indebido uso dos seus serventes como conselleiros. Morreu repentinamente o 31 de agosto de 1056. Ao non ter fillos e ser a última da súa dinastía, escolleu a un dos seus favoritos como sucesor: Miguel VI. Pero este non tiña relación ningunha coa casa que gobernara o Imperio durante os anteriores 189 anos (867 - 1056), e por iso non se considerou que tivese dereito ao trono. Desta situación derivouse unha serie de loitas polo trono entre varias familias nobres que duraron ata 1081.

Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino IX
Teodora Porfiroxénita
Precede a:
Miguel VI
Dinastía Macedonia