Deserto do Teneré

(Redirección desde «Teneré»)

O Teneré é unha rexión desértica no centro meridional do deserto do Sáhara, Níxer. Dise que as enormes dunas de area de Temet e a súa maxestosa e máxica paisaxe fan que o sexa o deserto máis fermoso do mundo. A verba teneré para un tuareg significa "deserto" e así traducida á lingua árabe deulle o seu nome ó deserto do Sáhara.

Reservas naturais de Air e de Teneré
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Níxer
LocalizaciónRexión de Agadez
TipoNatural
Criteriosix, x
Inscrición1991 (XV sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador573

A maior cidade do Teneré é Agadez, nas abas das montañas Aïr. Hai tamén asentamentos en varios oasis que se basean na extracción de sal.

O deserto tamén é coñecido pola árbore do Teneré, no seu tempo a máis afastada do mundo.[1] Malia ser a única árbore en varios centos de quilómetros, en 1973 un camión francés sorprendentemente derrubouna e remprazouse por unha escultura metálica, depositando a orixinal no Museo Nacional de Níxer.

Notas editar

  1. "Eastern Mali to Niger to Timbuktu - 2-19 September 06" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013.