Tenemos que hablar
Tenemos que hablar foi un programa de televisión presentado por Ana García Lozano. Emitiuse desde o 4 de marzo[1] ata o 14 de xuño de 2013[2] de luns a venres de 18:30 a 19:30 en La 1 de Televisión Española.
Tenemos que hablar | |
---|---|
Formato | Talk show |
Duración | 60 minutos |
Desenvolvido por | Televisión Española |
Presentado por | Ana García Lozano |
Cadea | La 1 |
Día da estrea | 4 de marzo de 2013 |
Última emisión | 14 de xuño de 2013 |
Na rede
| |
http://www.rtve.es/alacarta/videos/tenemos-que-hablar/ | |
Historia
editarTenemos que hablar estreouse o luns 4 de marzo de 2013 ás 18:30. O programa substituíu os primeiros sesenta minutos do programa +Gente, que acurtou a súa duración unha hora debido aos seus baixos datos de audiencia.[3] Desde o 27 ata o 31 de maio do mesmo ano, Tenemos que hablar pasou a emitirse desde as 19:20 ata as 20:20 horas debido aos seus discretos datos de audiencia. Aínda así, á semana seguinte recuperou o seu horario anterior ao empeorar os seus rexistros de audiencia. Finalmente, malia os esforzos da cadea pública por revitalizar a tarde de La 1, o talk show de Ana García Lozano despediuse o 14 de xuño de 2013 tras non enganchar á audiencia.[2]
Formato
editarO programa é un talk show que aborda cuestións e temas de actualidade contados en primeira persoa polos participantes. Conta cunha serie de colaboradores[4] para tratar algúns dos temas, dos cales están presentes dous cada día, un cun perfil máis técnico e outro máis psicolóxico:
- Ángela Borja, coach.
- Marc Vidal, emprendedor.
- Laura García Agustín, psicóloga.
- Javier Urra, temas de infancia e xuventude.
- Ramón Sánchez-Ocaña, temas de saúde.
- Rosetta Forner.
Ao comezo de cada programa, tras unha presentación en imaxes, analízase con eles o tema en profundidade. Ademais, durante o espazo, opinan e orientan aos invitados que o requiran. Trátase dun programa de participación aberta, no que se require a participación tanto do público do estudo como os espectadores para elixir a noticia do día como para saber a súa opinión. Así, no programa tamén ten o seu oco a experiencia dos usuarios, que poden contar a súa propia historia, propoñer temas e suxerir invitados afectados polos asuntos que se traten.
Audiencias
editarTempada | Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | ||||||
1 | 72 | 4 de marzo de 2013 | 14 de xuño de 2013 | 492.000 | 5,1% |
Notas
editar- ↑ "Fecha de comienzo de emisiones para '"Tenemos que hablar"" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 La 1 cancela 'TQH' desde este viernes (en castelán)
- ↑ "Nuevo "talk show" para las tarde de la 1" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
- ↑ "Presentación de "Tenemos que hablar"" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.