Tempo de renovación

O tempo de renovación é o período que tarda en renovarse un nivel trófico ou un ecosistema. Este concepto exprésase mediante unha relación entre biomasa e produción, de modo que:

Tempo de renovación = Biomasa/Produción
  • Pode medirse en días, anos etc.
  • É a función inversa á produtividade.