Templo de Hadriano

O Templo de Hadriano é un templo ó emperador deificado Hadriano no Campus Martius de Roma, Italia, construído polo seu fillo adoptivo e sucesor Antonino Pío en 145 e agora incorporado na construción da Piazza di Pietra (Praza de pedra – que procede das pedras do templo empregadas para facer a praza). Outrora era erradamente coñecido como o Templo de Neptuno.

Lado sobrevivente da columnata do Templo de Hadriano.
Reconstrución.

Historia editar

Unha das paredes da cela aínda está de pé, con once columnas corintias con 15 metros de altura da columnata exterior asentadas sobre unha base de peperino con catro metros de altura. Os orificios de fixación do revestimento orixinal de mármore aínda están visibles. Esta fachada, xuntamente coa arquitrabe (reconstruída despois da Antigüidade), foi incorporada nun palacio papal do século XVII de Carlo Fontana, no presente a sede da Borsa di Roma.[1] O edificio orixinalmente era octóstilo e tiña quince columnas en cada lado longo (catro delas perdéronse do lado que sobreviviu).

Dentro do banco están aínda os restos da cela sen ábsida que poden ser vistos, antigamente cubertos por unha bóveda de canón termada por columnas entre as cales estaban os trofeos de batalla.[2] A base das columnas tiña relevos de personificacións das provincias do imperio (algúns dos cales están hoxe no Museo Nacional Romano e nos Museos Capitolinos) e amosan unha política menos belixerante de Hadriano en relación ó seu predecessor, Traxano.[3][4][5]

O templo tiña unha grande arcada cadrada rodeada de columnas en giallo antico que se abría para a Via Lata (actual Via del Corso) a través dun arco de triunfo, identificado despois como o "Arco de Antonino" en fontes posteriores, mais tamén foi chamado "Arco de Claudio" e "Arco de Tosetti", o nome da familia que habitaba a Piazza Sciarra (desaparecida despois do alongamento da Via del Corso). Malia ter sido derrubado por estar en ruínas no século XVIII, o seu nome sobrevive na Via dell'Archetto.

Notas editar

  1. "History tour - Borsa di Roma" (en italiano). Borsa Italiana. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  2. "Pedestal Relief, Roman trophies of war, from Temple of Hadrian" (en inglés). Scholar Resource. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  3. "Província de Acaia" (en italiano). Musei Capitolini. 
  4. "Templo de Adriano" (en italiano). VRoma. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  5. "Templo de Adriano" (en italiano). VRoma. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2017.