Teletipo

dispositivo electrónico que envía unha mensaxe escrita a outro lugar

Un teletipo[1] (TTY; tamén chamado teleprinter, teleimpresora ou télex en linguas como o portugués, francés e inglés)[2] é un dispositivo electrónico que envía unha mensaxe escrita a outro lugar. Un teletipo de escribir ten un teclado de máquina de escribir, unha impresora local (para que o usuario poida ver o que se escribiu) e un transmisor. As mensaxes pódense enviar por cables ou ondas de radio.

Teletipo (modelo Teletype 33 ASR de Data Dinamics) no National Museum of Computing.

Uso histórico editar

Os teletipos usáronse principalmente a principios e mediados do século XX. Desenvolvéronse para mellorar os telégrafos, algúns dos cales tamén usaban teclados, aínda que distintos aos das máquinas de escribir.

Dispositivos para xordos editar

Aínda que as teleimpresoras foron substituídas por outras tecnoloxías, os TDD (Telecommunications Devices for the Deaf, Dispositivos de Telecomunicacións para Xordos), que se basean na idea e deseño de teletipos, aínda se utilizan hoxe en día. Non todas as persoas xordas, con discapacidade auditiva ou con discapacidade da fala pasaron a utilizar a mensaxería instantánea ou os mensaxes de texto ou outros servizos modernos. Moitos aínda escriben mensaxes entre si por TDD.

Notas

  1. "Dicionario; teletipo". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-16. 
  2. "bUSCatermos; teletipo". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-07-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar