Chandra (observatorio espacial)

Observatorio espacial dos Estados Unidos.
(Redirección desde «Telescopio espacial Chandra»)

Chandra (previamente coñecido como AXAF ou AXAF-I, acrónimo de Advanced X-Ray Astronomy Facility - Imager) é un observatorio espacial de raios X da NASA, lanzado o 23 de xullo de 1999, mediante o transbordador espacial Columbia na misión STS-93.[1][2][4][5]

Chandra
Observatorio Chandra de raios X
TipoObservación espacial de raios X
Contratistas principaisNASA
Data de lanzamento23 de xullo de 1999, 4:31 GMT[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador espacial Columbia[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro espacial Cabo Cañaveral, rampla LC39B[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X.[2][3][4]
NSSDC ID1999-040B
Masa4790 kg[2][4][5]
Potencia2000 vatios[5]
Datos orbitais
Semieixo maior80 792,2 km[5]
Inclinación72,2 graos[5]
Apoapse145 179,9 km[5]
Periapse3662,5 km[5]

Características editar

Chandra é un dos dos catro Grandes Observatorios espaciais proxectados no século XX, xunto co telescopio Hubble, o CGRO e o Telescopio Espacial Spitzer. Na súa elaboración contouse coa colaboración do Reino Unido, Alemaña e os Países Baixos. Orixinalmente proxectáronse dous observatorios, pero debido a reducións orzamentais en 1993 decidiuse construír só un.[5]

O observatorio ten unha estrutura lixeira de material composto e estabilízase nos tres eixos. Os paneis solares xeran 2 kW de potencia e alimentan tres baterías de hidróxeno-níquel cunha capacidade de 40 amperios-hora. O control de actitude ven proporcionado por seis volantes de inercia. O sistema de gravación de a bordo consiste en dúas grabadoras de estado sólido cunha capacidade de 1,8 Gbit, equivalente a 18,8 horas de observación por grabadora. O sistema de propulsión do observatorio usa catro propulsores TR-308 bipropelente (N204 e hidracina) para os cambios de órbita, cun pulo de 472 N e un impulso específico de 322,3 s.[5]

O telescopio de raios X en si consiste en catro pares de espellos case cilíndricos con diámetros de entre 0,68 e 1,40 metros que focalizan os raios X a unha distancia focal de 10 m en dous dos catro instrumentos científicos: o HRC (High Resolution Camera) e o ACIS (AXAF CCD Imaging Spectrometer). Os outros dous instrumentos científicos non están no plano focal e son o HETG (High-Energy Transmission Grating) e o LETG (Low-Energy Transmission Grating).[5]

Actividade editar

Chandra estuda o ceo profundo, participando na procura da materia escura.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CXO" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (20 de abril de 2012). "Chandra X-ray Observatory" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52637). 29 de marzo de 2000: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "AXAF-I (Chandra, CXO)" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Mark Wade (2011). "Chandra" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  6. Mohon, Lee (2019-02-14). "Where is the Universe Hiding its Missing Mass?". NASA. Consultado o 2019-02-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar