Telescopio Europeo Extremadamente Grande

O Telescopio Europeo Extremadamente Grande, coñecido tamén co acrónimo E-ELT polo seu nome en inglés (European Extremely Large Telescope) é o proxecto dun telescopio terrestre de grandes dimensións, cun diámetro de 42 metros.

Telescopio Europeo Extremadamente Grande
TipoTelescopio Nasmyth, Telescopio infravermello e Telescopio extremadamente grande
Eventos/Actividadesconstrución e Primeira luz (astronomia)
PaísChile
24°35′21″S 70°11′30″O / -24.5893, -70.1916
Na rede
https://elt.eso.org/
editar datos en Wikidata ]

Características editar

 
Estado das obras de construción a finais de 2018.

É a proposta do Observatorio Europeo do Sur para a nova xeración de telescopios ópticos. O Observatorio Europeo do Sur (ESO) centrouse neste novo deseño, máis pequeno do previsto, despois de que un estudo de viabilidade do anterior proxecto, un telescopio de 100 metros de diámetro coñecido como Overwhelmingly Large Telescope, concluíse que custaría ao redor de 1500 millóns de euros e sería demasiado complexo. O 26 de abril de 2010, o Consello do Observatorio Europeo Austral (ESO) seleccionou Cerro Armazones (Chile)como localización de referencia do E-ELT.

As obras comezaron aplanando o cerro que resultodu diminuído en 18 m de altura, para colocar o espello de 39 m de diámetro, tipo panel con 798 espellos ensamblados,[1] moito maior que o seu antecesor VLT (Very Large telescope, telescopio moi grande)

Notas editar

  1. information@eso.org. "Astronomía extremadamente grande". www.eso.org (en castelán). Consultado o 2019-01-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar