Telenor Magyarország (en galego, Telenor Hungría) (antigamente Pannon e Pannon GSM) é a segunda compañía máis grande de telefonía móbil en Hungría.

Sede de Telenor Hungría.
Tarxeta SIM de Telenor Hungría.

Telenor Hungary Ltd. foi fundada como Pannon GSM Telecommunications Ltd. no ano 1994. Xa no ano 2003, a compañía pasou a ser completamente da propiedade de Telenor.

Historia editar

En novembro do ano 1993 Pannon GSM Telecommunications Ltd. asinou o acordo da concesión do inicio das actividades, foille concedida, e en marzo do ano seguinte comezou a operar na frecuencia de 900 MHz. No ano 1999 a compañía gañou o concurso para a banda de frecuencia 1.800 MHz. En novembro do 2000 comezou a operar na frecuencia de 1.800 MHz en Budapest, e en marzo do ano 2001, en todo o país.

A cobertura chega ao 99% de Hungría. A empresa ten 13 centros de conmutación, máis de 1500 estacións de base e máis de 1.700 empregados.

No ano 2001 tivo un beneficio de 132,8 billóns de floríns (HUF) e antes de impostos de 18,7 billóns de floríns (HUF).[Cómpre referencia]

O 31 de xaneiro do ano 2003 a compañía tiña 2.627.000 de clientes representando o 40% do mercado da telefonía húngara, estando ese ano o mercado da telefonía húngara repartido entre tres compañías.

O 14 de febreiro de 2006, a compañía cambiou a súa imaxe coorporativa á marca de Pannon, mellorando deste modo a imaxe da empresa, en liña coa nova identidade da corporación Telenor.

O 18 de maio do ano 2010, a compañía cambiou o seu nome ao de Telenor.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar