Telésforo, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Telésforo, nado probablemente en Terranova da Sibari e finado seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136[1] ou quizais 138[2].
Telésforo | |
---|---|
![]() Papa Telésforo | |
Alcume | Santo Telésforo |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Terranova da Sibari |
Falecemento | 136 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Nacionalidade | Italia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico |
Período | entre os anos 126-136 |
Coñecido por | ser o papa n° 8 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vida e pontificadoEditar
Aínda que, como ao resto dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida, crese que a súa familia era grega, e que antes de chegar a Roma viviu como ermitán en diversos lugares, entre eles o Monte Carmelo e por iso é recoñecido pola Orde carmelita entre os seus santos. Debeu comezar como papa en tempos de Hadrián e rematar baixo o imperio de Antonino Pío.
O Liber pontificalis afirma que Teléforo foi o instituidor da misa do galo na medianoite do Nadal, que compuxo o canto Gloria in excelsis Deo, que fixou que a Pascua tiña que celebrarse en domingo e que ademais implantou as normas sobre o xaxún na Coresma. Debeu combater as herexías gnósticas.
Morte e santidadeEditar
Como todos os papas romanos anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo. Telésforo é o primeiro que no catálogo papal elaborado por Ireneo de Lión aparece sinalado como mártir, feito que despois repite Eusebio de Cesarea, pero é moi posíbel que se producise unha confusión entre el e outro romano de nome Telésforo asasinado nas persecucións alentadas polo emperador romano Hadrián. Foi soterrado na Basílica de San Pedro.
O seu martirio celébrao a igrexa católica o 5 de xaneiro e a igrexa ortodoxa o 22 de febreiro.
Parroquias galegasEditar
Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Telésforo.