Teito (homónimos)
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo teito (do latín tectu) pódese referir a:
- Teito, parte superior que cobre unha casa, unha vivenda ou calquera construción ou cavidade semellante, considerada especialmente polo lado interior, por riba dos límites superiores das paredes.
- Cuberta, elemento construtivo que protexe os edificios na parte superior e, por extensión, estrutura sustentante formada por trabes en pendente. Segundo o material que cobre a estrutura pode ser chamado de tellado (tellas), lousado (lousas) ou colmado (colmo).
- Vivenda, casa onde se vive, lar, forgar.
- Colmado, cuberta de palla de centeo ou trigo que se usa nos palleiros e en certas construcións rústicas, colma, colmazo, colmo.
- Teito, (tamén chamada de teitu en asturleonés) edificación de pedra con cuberta vexetal (colmado ou de xestas) típica do occidente asturiano e leones, semellante á palloza.
Outros significados
editar- Teito da boca, parte superior interna da boca, padal.
- Efecto de teito, efecto provocado por algúns fármacos segundo o cal, a partir dunha determinada dose, os seus efectos terapéuticos non aumentan aínda que se aumente esta, efecto teito.
- Función teito, función matemática que asigna a cada número real o número enteiro máis achegado que non sexa menor ca el.
- Teito de voo, altitude máxima que unha aeronave pode acadar nun conxunto de condicións.
- Cláusula teito, en dereito hipotecario, limitación máxima do tipo de xuro establecida no documento de formalización da hipoteca.
- de xeito figurado, altura límite máxima que ten ou pode acadar algo ou alguén.
- Teito do mesencéfalo, Tectum mesencephali, tecto do mesencéfalo.