Tecumseh, nado en marzo de 1768 e finado o 5 de outubro de 1813, foi un líder nativo americano dos shawnee e dunha gran confederación tribal (coñecida como Confederación de Tecumseh) que se opuxo ós Estados Unidos durante a Guerra de Tecumseh e se converteu en aliado dos británicos na Guerra de 1812.

Tecumseh
Nacementomarzo de 1768
Lugar de nacementoPreto do río Scioto, Ohio
Falecemento5 de outubro de 1813 (45 anos)
Lugar de falecementoMoravian of the Thames (actual Chatham-Kent, Ontario)
Causamorte en combate
NacionalidadeShawnee
OcupaciónXefe tribal
IrmánsOntario
Na rede
WikiTree: Shawnee-17 Find a Grave: 2710 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tecumseh medrou no territorio de Ohio durante a guerra de independencia dos Estados Unidos e na Guerra india do noroeste, onde estivo constantemente exposto á guerra.[1] Cos americanos movéndose continuamente cara o oeste logo de que os británicos cedesen o Val de ós Estados Unidos en 1783, os shawnee movéronse máis cara o noroeste. En 1808, asentáronse en Prophetstown, na actual Indiana. Co obxectivo de estabelecerse nunha nación india independente ó leste do Mississippi baixo protección británica, Tecumseh traballou para recrutar tribos para a súa confederación dende o sur dos Estados Unidos.[1]

Durante a Guerra de 1812, a confederación de Tecumseh aliouse cos británicos e axudaron a capturar Fort Detroit. Antes da batalla, Tecumseh fixo un famoso discruso nunha rocha que aínda se conserva en Fort Malden. Despois de que a mariña dos Estados Unidos tomase o control do Lago Erie en 1813, os nativos e os británicos tiveron que recuar. As forzas americanas capturárono na Batalla do Thames, e mataron a Tecumseh en outubro de 1813. Coa súa morte a confederación desintegrouse e os nativos tiveron que moverse de novo cara o oeste, mais Tecumseh converteuse dende entón nun heroe icónico na historia indíxena, americana e canadense.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Allen, Robert S (2009). Historica-Dominion, ed. "Tecumseh". Consultado o 3 de outubro de 2009. 
  2. J. M. Bumsted (2009). Oxford U.P., ed. The peoples of Canada: a pre-Confederation history. p. 244. ISBN 9780195431018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dowd, Gregory Evans. A Spirited Resistance: The North American Indian Struggle for Unity, 1745-1815. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1992. ISBN 0-8018-4236-0
  • Drake, Benjamin. Life of Tecumseh and of His Brother the Prophet; With a Historical Sketch of the Shawanoe Indians. (Mount Vernon: Rose Press, 2008).
  • Eckert, Allan. A Sorrow in Our Hearts: The Life of Tecumseh. Nova York: Bantam Books, 1992. ISBN 0-553-56174-X