Teatro Filarmónico de Ferrol

O Teatro Filarmónico foi un teatro situado na Rúa Madalena da cidade de Ferrol.

Historia editar

As primeiras novas que se teñen da existencia do teatro datan de 1861 e as últimas de 1870 e dende 1867 estivo arrendado ao Liceo de Artesanos.[1] Neste teatro debutou a soprano ferrolá Carolina Casanova en 1863, cando Francisco Piñeiro era o seu director.[2]

O teatro contaba con dúas ordes de palcos, dúas gradarías (alta e baixa) e patio de butacas.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Teatros. Teatro Filarmónico" (en castelán). Ferrol Antiguo. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  2. Puyol, Mercedes. "Carolina Casanova de Cepeda, una soprano ferrolana en el mundo de la ópera" (PDF). Ferrol Análisis: 69. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de abril de 2018. Consultado o 08 de abril de 2018.