Teatro Alfonsetti
O Teatro Alfonsetti é un teatro situado no centro da localidade de Betanzos (Galiza). Foi inaugurado en 1882 e durante máis de cen anos funcionou como cine, chegando a converterse na sala de cine máis antiga de España.[1][2] Actualmente o teatro é de titularidade municipal, aínda que durante boa parte da súa historia estivo xestionado pola familia Pita, encargada da confección do famoso Globo de Betanzos.[1]
Teatro Alfonsetti | |
---|---|
![]() Interior do Teatro Alfonsetti. | |
Cidade | Betanzos |
País | ![]() |
Propiedade de | Concello de Betanzos |
Inauguración | 1882 |
Uso actual | Representacións teatrais Concertos Cine |
O teatro está situado nun inmoble no que se encontraba o antigo convento de San Domingos, onde tamén se encontran o Museo das Mariñas, o Arquivo e a biblioteca municipal.[1]
A finais de novembro de 2009 a sala sufriu un incendio que obrigou ao seu peche.[3]
NotasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teatro Alfonsetti |
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cedrón, María (12 de setembro de 2017). "El cine Alfonsetti de Betanzos se sumará al Museo das Mariñas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ Pérez, Antares (27 de xullo de 2015). "El Alfonsetti regresa a sus orígenes". La Opinión (en castelán). Consultado o dataacceso=23 de novembro de 2017.
- ↑ Abelairas, Bea (30 de novembro de 2009). "El fuego calcina en Betanzos uno de los cines más antiguos de España". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017.