Taxa de fecundidade xeral
En demografía, a Taxa de Fecundidade Xeral é unha medida de medición da fecundidade, que se refire á relación que existe entre o número de nacementos ocorrido nun certo período de tempo e a cantidade de poboación feminina en idade fértil no mesmo período. O lapso é case sempre un ano, e pódese ver como o número de nacementos por cada mil mulleres en idade fértil (nun ano).
A súa fórmula é:
Onde:
- TFX:Taxa de fecundidade xeral
- B: Número total de nacementos
- 49NF15: Poboación feminina en idade fértil (15-49 anos)
É moito máis exacta para medir e comparar a fecundidade entre países que a Taxa bruta de natalidade, pois considera os factores de estrutura por sexo e idade que afecta gravitantemente á taxa bruta.