Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu
Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu ou Taumatawhakatangihangakoauauotamateapokaiwhenuakitanatahu (abreviado coloquialmente en Taumata) é un outeiro de Nova Zelandia de 305 metros, situado preto da aldea de Porangahau, ao sur da Baía de Hawke.
Taumatawhakatangihangakōauauotamateapōkaiwhenuakitānatahu (mi) | ||||
Epónimo | Tamatea (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Hawke's Bay (pt) | |||
Distrito | Central Hawke's Bay District (en) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 305 m | |||
Wāhi Tapu (en) | ||||
Data | 4 de decembro de 2008 | |||
Wāhi Tapu Area (en) | ||||
Toponimia
editarA tradución do topónimo maorí, un dos máis longos do mundo, é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.
Na cultura popular
editarTen o récord Guinness como o topónimo en uso máis longo do mundo, con 85 letras.
Os carteis co seu nome convertéronse en atracción turística e viralizáronse con xente a mostrar o cartel ou bailar diante de mentres soa un fragmento da canción de 2018 "Open road" de Ra Costelloe.[1][2]
Notas
editar- ↑ "TikTok - Make Your Day". www.tiktok.com. Consultado o 2024-12-15.
- ↑ Ra Costelloe (2018-08-30). "Ra Costelloe- Open Road (Lyric Video)". Consultado o 2024-12-15.