Tatiana Huezo

directora de cinema

Tatiana Huezo Sánchez, nada en San Salvador o 9 de xaneiro de 1972, é unha directora de cinema salvadoreña que reside en México. O seu primeiro filme, El lugar más pequeño (2011), un documental sobre a guerra civil salvadoreña, foi galardoado internacionalmente. En 2016, estreou Tempestad, a historia de dúas mulleres que padecen as consecuencias do tráfico humano en México. En 2016, recibiu o Premio Fénix ao mellor documental.

Infotaula de personaTatiana Huezo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCidade de México Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentro de Capacitación Cinematográfica (en) Traducir
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , directora de documentais , documentalista , guionista Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1754457 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada no Salvador, Tatiana Huezo viviu en México dende os catro anos de idade.[1] Graduouse no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC), onde imparte clases dende entón.[2] En 2004, realizou un máster en creatividade de documentais pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[3]

En 1997, rodou a curtametraxe Tiempo cáustico. A súa primeira longametraxe foi El lugar más pequeño, que se estreou no ano 2011, un testemuño das experiencias da guerra civil no Salvador. Recibiu numerosos premios e foi exposto en máis de 50 festivais de todo o mundo.[3]

En 2015, Huezo presentou Ausencias, unha curtametraxe de 27 minutos que conta a dor de Lulu, unha nai que perde o seu marido e o seu fillo, desaparecidos polo crime organizado.[4]

Na súa obra, retratou a impunidade das persoas ante a xustiza e as institucións, humanizando ás vítimas. Sobre Tempestad, Huezo dixo:

Fronte ao vómito de figuras, imaxes e discursos que invisibilizan as vítimas, converténdoas en números, semella imprescindible volver aos rostros, ao xesto íntimo, á súa historia e complexidade, volver ás persoas, aos seus soños, dores e esperanzas. Quizais entón a partir de aí poidamos volver á empatía, á capacidade de movernos.[1]

Tempestad, que no 2016 recibiu o Premio Fénix ao mellor documental,[5] conta as historias reais de Miryam Carvajal, unha muller mexicana que pasou case un ano no cárcere de Matamoros acusada de tráfico humano, un crime que non cometeu, e de Aldela Alvarado, que busca a súa filla desaparecida.[6] "O que pasa en México está preto da guerra civil que se está a dar en Centroamérica", explica Huezo.

Os mecanismos do terror [no Salvador] son moi similares aos que se dan na actualidade en México. [...] Comezamos a ver cadáveres sen cabezas, o desenvolvemento do feminicidio na fronteira cos Estados Unidos. [...] Lamentablemente en América Latina atopamos unha corrupción xeneralizada, e a impunidade segue exercendo sobre a base dunha profunda desigualdade económica entre as persoas.[6]

Filmografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 La Prensa Gráfica, ed. (14 de setembro de 2017). "'Tempestad', de la salvadoreña Tatiana Huezo, es la apuesta de México para los premios Oscar y Goya" (en castelán). AP. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  2. "Tatiana Huezo Sánchez". Film in Latino (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Tempestad" (en castelán). DocumentaMadrid. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  4. Bautista, Eduardo (20 de xaneiro de 2015). "Documentar el vacío de los desaparecidos, el reto de 'Ausencias'" [Documenting the Vacuum of the Disappeared, the Challenge of 'Ausencias']. El Financiero (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  5. "'Tempestad', mejor documental en los Premios Fénix del cine iberoamericano" ['Tempestad', Best Documentary at the Fénix Awards for Ibero-American Film]. La Vanguardia (en castelán). 8 de decembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 Lépine, Cédric (11 de outubro de 2016). "Entretien avec Tatiana Huezo pour son film 'Tempestad'" [Interview with Tatiana Huezo for Her Film 'Tempestad']. Mediapart (en francés). Consultado o 10 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar