T.A.S.O. Mathieson
Nome completo Thomas Alastair Sutherland Ogilvie Mathieson
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en
Tempadas en activo 1950
Número de pilotos Leslie Johnson
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1950
Carreiras 1
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1950

Thomas Alastair Sutherland Ogilvie ('Taso') Mathieson, nado o 25 de xullo de 1908 en Glasgow e finado o 12 de outubro de 1991 en Vichy,[1][2] estilizado como T.A.S.O. Mathieson e ás veces referido como Donald Mathieson, foi un piloto de carreiras británico e autor de libros de historia do automóbil.

Andaina nas carreiras e vida persoal editar

'Taso' era fillo de Thomas Ogilvie Mathieson. A súa familia era propietaria da empresa escocesa de fabricación de ferramentas manuais Alexander Mathieson & Sons.

'Taso' Mathieson comezou a correr en 1930, cando participou nunha carreira en Brooklands restrinxida a Lagondas.[3] Logrou a súa primeira vitoria durante unha reunión aberta do BARC durante as vacacións de Pascua o 28 de marzo de 1932, conducindo un Officine Meccaniche sobrealimentado. Durante os dous anos seguintes, gañou tres carreiras co seu Bugatti e bateu o récord de volta para coches de 2 litros no Snaefell Mountain Course na Illa de Man, cunha velocidade media de 116,11 km/h.[2]

 
Un Bugatti Type 57 de 1936 como o de Mathieson usado en 1938

Debido a problemas de saúde, Mathieson non puido participar en ningunha carreira de 1934 a 1937, polo que o seu Bugatti pilotouno algunhas veces Chris Staniland. En 1938 e 1939 participou nas 24 Horas de Le Mans, pero as dúas veces retirouse antes do final.[2][4]

Mathieson foi un dos primeiros, se non o primeiro, británico en correr de novo na Europa continental despois da Segunda guerra mundial, correndo cun ex Maserati de 3 litros de Henry Birkin en 1946.[2] O 30 de maio, correu na Copa da Resistancia e retirouse cunha fuga de aceite.[5] Inscribiuse no Grand Prix des Frontières o 9 de xuño, pero en cambio correu na Copa René le Bègue celebrada o mesmo día, quedando quinto.[6][7] O 16 de xuño, asistiu ao Gran Premio de Bélxica en Bruxelas, pero non comezou.[8] Quedou sexto no Gran Premio de Roussillon o 30 de xuño,[9] e o 28 de xullo correu o Gran Premio de Nantes, retirándose por problemas de motor.[10]

Mathieson participou nun ERA Tipo E con Leslie Johnson como piloto, no Richmond Trophy de 1949,,[11] Jersey Road Race[12] e British Empire Trophy, así como o Gran Premio do Reino Unido de 1950.[13] Algunhas fontes atribúenas como participacións oficiais de ERA porque Johnson comprara o fabricante do coche tres anos antes.[14] Mathieson mercou un Frazer Nash Le Mans de 2 litros no que logrou unha vitoria de clase nas 24 Horas de Le Mans de 1950 con Richard "Dickie" Stoop.

Continuou correndo ata 1955, participando principalmente nos Grandes Premios en Francia. Cando resultou ferido nun accidente de tráfico ou de carreiras, viuse obrigado a retirarse.[15] Despois de 25 anos de carreiras, Mathieson concentrouse na escritura e na súa colección de fotografías, xunto coa súa esposa Mila Parély, unha actriz francesa coa que casara en 1947. escribiu varios libros autorizados, incluíndo Grand Prix Racing 1906-1914, e escribiu varios artigos na revista francesa Le Fanauto en 1979 e 1980.

Resultados nas carreiras editar

Ano Data Carreira Equipo Coche Copiloto Resultado
1933 14 de xullo 1933 Mannin Moar T. Mathieson Bugatti Tipo 35C non Ret
7 de outubro Donington Park Trophy
21 de outubro Mountain Championship
1938 22 de maio Gran Premio de Antwerp Bugatti Tipo 57
5 de xuño Grand Prix des Frontières TASO Mathieson non
19-20 de xuño 24 Horas de Le Mans de 1938 DNA
19–20 de xuño 24 Horas de Le Mans de 1938 Norbert Mahé Talbot-Lago T150C Freddy Clifford Ret (17º)
10 de xullo 24 Horas de Spa Talbot-Lago T150C DNA
3 de setembro RAC Tourist Trophy TASO Mathieson Bugatti Tipo 57 non 20º
1939 28 de maio Grand Prix des Frontières T. Mathieson Maserati non DNA
18-19 de xuño 24 Horas de Le Mans de 1939 Luigi Chinetti Talbot-Lago T26 Luigi Chinetti Ret (24º)
TASO Mathieson Talbot 150SS Figoni Philippe de Massa
Norbert Mahé
NTS *
1946 30 de maio Resistance Cup Maserati 8C Ret
9 de xuño 1946 René le Bègue Cup 5th
16 de xuño Gran Premio de Bruxelas TASO Mathieson Talbot-Lago non NTS
30 de xuño Gran Premio de Roussillon Maserati 8C
1947 13 de xullo National Gransden (Fórmula Libre) John Wyer HRG non DNA
1949 26 de xuño 24 Horas de Le Mans de 1949 Mrs. R.P. Hichens Aston Martin 2-Litre Sports Pierre Maréchal Ret (22º) †
1950 25 de xuño 24 Horas de Le Mans de 1950 H.J. Aldington Frazer Nash Mille Miglia Richard Stoop Xeral 9º
Clase
1951 17 de xuño Circuíto do Porto Frazer Nash Le Mans Replica 90
12 de agosto Circuíto de Senigallia
9 de setembro Targa Florio TASO Mathieson Jacques Pollet Ret
1952 29 de xuño Ferrari 195 S   Xeral 6º
Clase
1953 7 de xuño 12 Horas de Hyères Maserati A6GCS
20 de xuño gran Premio de Roubaix
28 de xuño Circuíto de Bressuire
25 de xullo gran premio de Caen Scuderia della Guestella non
Fontes:[1][2][5][6][7][8][9][10][16][17][18]
  • Mathieson era o propietario do equipo, non un piloto.

† Pierre Maréchal morreu nun accidente.

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans editar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Pos. Clase
1938   Norbert Jean Mahé   Freddy Clifford Talbot T150C 5.0 159 Ret.
(Lume)[2]
1939   Luigi Chinetti   Luigi Chinetti Talbot T26 5.0 154 Ret,
(Contacto)
1949   Mrs. R.P. Hichens
(private entrant)
  Pierre Marechal Aston Martin DB2 S2.0 192 Ret.
(Accidente)
1950   H.J. Aldington
(equipo privado)
  Richard "Dickie" Stoop Frazer Nash Milla Miglia S2.0 235 9th

Resultados completos na Targa Florio editar

Ano Equipo Co-Pilotoos Coche Clase Voltas Pos. Pos. Clase
1951   T.A.S.O. Mathieson   Jacques Pollet Frazer Nash Le Mans Replica S+1.1 4 Ret.
(Motor)
1952 ??? ??? Ferrari 195 S Barchetta S+2.0 8

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 "THE GOLDEN ERA OF GP RACING 1934-40 - DRIVERS (M)". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "TASO Mathieson". historicracing.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  3. "Bonhams". bonhams.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2016. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  4. Boddy, Bill (xaneiro de 1992). "TASO Mathieson". Motor Sport: 55. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Coupe de la Résistance • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "XV Grand Prix des Frontières • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Coupe René le Bègue • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  8. 8,0 8,1 "GP Belgium - Sports 4500 cc or 2250 cc s/c 1946 - Racing Sports Cars". racingsportscars.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  9. 9,0 9,1 "I Grand Prix du Roussillon • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "1946 24 Heures du Mans - ChicaneF1.com". chicanef1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  11. "Richmond Trophy • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  12. "III Jersey Road Race • STATS F1". statsf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  13. "TASO Mathieson and ERA - TNF's Archive - The Autosport Forums". forums.autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2021. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  14. "All Formula One Info - ERA (English Racing Automobiles Ltd.)". allf1.info. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  15. "Décès de la comédienne française Mila Parély". La Presse (en French). 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  16. "T.A.S O. Mathieson (GB) - Racing Sports Cars". racingsportscars.com. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  17. "World Sports Racing Prototypes". wsrp.cz. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  18. "TNF Guide to former premises: Gransden Lodge circuit". The Autosport Forums. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 15 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mathieson, T.A.S.O. (1963). A Pictorial Survey of Racing Cars Between the Years 1919 and 1939. Tarporley, GB: Motor Racing Publications, Ltd. 
  • Mathieson, T.A.S.O. (1965). Grand Prix Racing 1906-1914: A History of the Grand Prix De L'automobile Club De France. Stockholm, SE: Connaisseur Automobile A.B. 

Ligazóns externas editar