Lucio Tarquinio Prisco

(Redirixido desde "Tarquinio Prisco")

Lucio Tarquinio Prisco foi o quinto rei de Roma, e o primeiro de orixe etrusca, presumibelmente de ascendencia corintia.

Lucio Tarquinio Prisco
Tarquinius-Priscus.jpg
Nacementoséculo VII a. C.xuliano
 Tarquinia
Falecemento578 a. C.
 Roma
NacionalidadeRoma Antiga
EtniaEtruscos
OcupaciónAncient Roman politician
PaiDemarato de Corinto
Naivalor descoñecido
CónxuxeTanaquil
FillosGnaeus Tarquinius, Tarquinia the Elder, Tarquinia the Younger, Tarquinia, Arruns Tarquinius e Lucio Tarquinio o Soberbio
IrmánsArruns Tarquinius
editar datos en Wikidata ]
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

TraxectoriaEditar

Tras emigrar a Roma, obtivo o favor de Anco Marcio, quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra sabinos e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.

Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de sumidoiros da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do Foro Romano. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.

O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un grande estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción dun templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus Xúpiter. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, Anco Marcio, antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro triunfo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar