Tarlan Parvaneh

actriz iraniana

Tarlan Parvaneh (persa: ترلان پروانه), nada en Xiraz o 9 de xullo de 1998, é unha actriz iraniana.

Infotaula de personaTarlan Parvaneh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Xiraz, Irán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua persa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5503403 Instagram: tarlan_parvanee Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Seu pai era enxeñeiro e foi súa nai quen procurou desenvolver a súa carreira como actriz[1]. Debutou no cinema como actriz infantil en 2005 co filme Zane Badali, e dende entón apareceu en máis de 60 proxectos cinematográficos e de televisión e como actriz infantil unha das súas interpretacións máis salientables foi en Ahooye Pishooni Sefid filme dirixido en 2011 por Javad Hashemi e que lle supuxo o premio á mellor actriz nova no Festival Internacional de Cinema para Nenos e Xente Nova[2]. Como actriz adulta salienta a súa participación en Pishooni Sefid III (2019).

Notas editar