A tarde dun día de cans

Filme de 1975 dirixido por Sidney Lumet
(Redirección desde «Tarde de cans»)

A tarde dun día de cans, (en inglés: Dog Day Afternoon), tamén coñecida como Tarde de cans,[2] é un filme estadounidense de 1975 dirixido por Sidney Lumet, escrito por Frank Pierson e protagonizado por Al Pacino, John Cazale, Chris Sarandon e Charles Durning. O seu título orixinal fai referencia ao período canicular en verán, durante o que está ambientado o filme.

A tarde dun día de cans
Ficha técnica
Título orixinalDog Day Afternoon
DirectorSidney Lumet
ProdutorMartin Bregman
Martin Elfand
GuiónFrank Pierson
Baseado enThe Boys in the Bank, artigo de P. F. Kluge e Thomas Moore
IntérpretesAl Pacino
John Cazale
James Broderick
Charles Durning
FotografíaVictor J. Kemper
MontaxeDede Allen
EstudioArtists Entertainment Complex
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea20 de setembro de 1975
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,8 millóns de dólares
Recadación50 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0072890 Filmaffinity: 663851 Allocine: 1621 Rottentomatoes: m/dog_day_afternoon Mojo: dogdayafternoon Allmovie: v14193 TCM: 24484 Metacritic: movie/dog-day-afternoon TV.com: movies/dog-day-afternoon Netlix: 450423Editar o valor em Wikidata

O filme está inspirado polo artigo "The Boys in the Bank", de P. F. Kluge publicado na revista LIFE,[3] sobre un atraco similar nun banco de Brooklyn por parte de John Wojtowicz e Salvatore Naturale o 22 de agosto de 1972.[4][5][6][7]

Foi emitido na TVG o 16 de febreiro de 1990.[8]

Argumento editar

O filme está baseado en feitos reais ocorridos en 1972. Un veciño de Brooklyn, Sonny Wortzik (Al Pacino), decide xunto con outro inexperimentado delincuente, Salvatore Naturile, Sal, (John Cazale) roubar un banco do mesmo barrio de Nova York para conseguir o diñeiro que lle demanda a operación de cambio de sexo da súa parella, Leon Shermer (Chris Sarandon), mais fracasan ao descubriren que o banco non tiña suficiente diñeiro en efectivo, xa que fora recollido horas antes. A policía, despois o FBI, os xornais e milleiros de curiosos fanse presentes, e todo se vai transformando nun espectáculo. Tanto algúns curiosos como reféns, comezan a simpatizar con Sonny, logo de que el sae á rúa a arengar a xente. Comezan as negociacións entre Sonny e o policía Eugene Moretti (Charles Durning), que axiña é substituído polo axente do FBI Sheldon (James Broderick), debendo permanecer durante horas negociando e mantendo varios reféns. Sal preocúpase máis polos xornalistas que o sinalan como homosexual que polo seu rol de asaltante.

Leon aparece no banco a petición de Sonny e explica publicamente a súa relación con el, a súa condición de transexual e os motivos do asalto. A acción continúa ata a noite cando Sonny xa negociou co FBI o seu traslado ao aeroporto cos reféns, onde rematará o espectáculo. Mentres agardan no coche na pista do aeroporto a que o avión se poña en posición para engalar, o axente Murphy lembra de novo a Sal que manteña a súa arma de xeito que non se dispare por accidente. Sal faino e Sheldon obrígao a poñer a arma no taboleiro do coche, creando unha distracción que permite a Murphy sacar un revólver agochado no repousabrazos e disparar a Sal na cabeza. Sonny é detido e todos os reféns son escoltados ata a terminal.

Elenco editar

Notas editar

  1. "Dog Day Afternoon (1975)". Box Office Mojo. Consultado o 22-1-2012. 
  2. [1]
  3. Rayburn, Nina. "The Write Stuff: Magazine articles that make it to the Big Screen". New York Review of Magazines. Arquivado dende o orixinal o 11-01-2006. Consultado o 9-8-2009. 
  4. Kluge, P.F; Moore, Thomas (22-9-1972). "The Boys in the Bank". LIFE 73 (12). p. 66. 
  5. "Homosexual robs bank, asks release of 'wife'". Lewiston Morning Tribune (Idaho). Associated Press. 23-8-1972. p. 3. 
  6. "Robber killed, 7 bank hostages freed". The Bulletin (Bend, Oregon). UPI. 23-8-1972. p. 1. 
  7. "FBI kills man, frees 7". Spokane Daily Chronicle ((Washington)). Associated Press. 23-8-1972. p. 2. 
  8. La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 1990. Páx. 71

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar