Tapirus kabomani é unha especie parcialmente recoñecida de tapir. É a máis pequena especie de tapir, mesmo máis pequena que o tapir de montaña (T. pinchaque), que adoitaba ser considerada a máis pequena. T. kabomani habita na selva amazónica, onde se presenta de forma simpátrica co tapir amazónico (T. terrestris). Cando foi anunciado en decembro de 2013, T. kabomani foi o primeiro perisodáctilo descuberto en máis de 100 anos. T. kabomani non foi recoñecido polo Grupo Especialista de Tapires como unha especie distinta e a recente evidencia xenética suxire que podería formar parte de T. terrestris.[1][2]

Tapirus kabomani
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Tapiridae
Xénero: Tapirus
Especie: T. kabomani
Nome binomial
Tapirus kabomani
Cozzuol, Clozato, Holanda, Rodrigues, Nienow, de Thoisy, Redondo & Santos, 2013
Áreas coñecidas de T. kabomani
Áreas coñecidas de T. kabomani

Áreas coñecidas de T. kabomani

Notas editar

  1. Ruiz-García, Manuel; Castellanos, Armando; Bernal, Luz Agueda; Pinedo-Castro, Myreya; Kaston, Franz; Shostell, Joseph M. (2016-03-01). "Mitogenomics of the mountain tapir (Tapirus pinchaque, Tapiridae, Perissodactyla, Mammalia) in Colombia and Ecuador: Phylogeography and insights into the origin and systematics of the South American tapirs". Mammalian Biology (en inglés) 81 (2): 163–175. ISSN 1616-5047. doi:10.1016/j.mambio.2015.11.001. 
  2. "All About the Terrific Tapir | Tapir Specialist Group". Tapir Specialist Group (en inglés). Consultado o 2018-12-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar