Tapani Salminen
Tapani Salminen, nado en Kangasala, Finlandia en 1962, é un filólogo finés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Pirkanmaa, Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Traxectoria
editarLicenciouse en filosofía e filoloxía, e é o lector de linguas ugrofinesas da Universidade de Helsinqui. Foi xefe do Departamento de Linguas Ugrofineses e foi membro do Comité Consultivo para a Pluralismo Lingüístico e a Educación Multilingüe da UNESCO.
É autor de varios estudos sobre lingüística e ornitoloxía. É famoso polo seu Libro Vermello das Linguas Ameazadas, publicado en liña pola UNESCO e de consulta para os interesados en linguas minoritarias de todo o mundo. Porén, parece ser un seguidor da tese secesionista de Philippe Blanchet que considera que hai varias linguas de oc e non unha lingua occitana.[1]