Tanzila Khan é unha activista paquistaní polos dereitos das persoas con discapacidade, autora e fundadora de Girlythings, unha aplicación móbil que distribúe toallas sanitarias a mulleres con discapacidades. Khan céntrase en aumentar a conciencia e o acceso á saúde e educación reprodutiva, especialmente para as persoas con discapacidades. Escribiu varios libros sobre o tema así como deu conferencias públicas e seminarios.[1]

Infotaula de personaTanzila Khan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Sialkot, Paquistán (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaquistán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfundador , investidor Editar o valor em Wikidata

Facebook: optimismexpert Twitter: Tanzila__Khan Editar o valor em Wikidata

Tanzila naceu e medrou en Paquistán. Está discapacitada desde o seu nacemento e está confinada nunha cadeira de rodas.[2] Khan obtivo a súa licenciatura en dereito internacional na Universidade de Londres.

Traballos editar

Khan publicou o seu primeiro libro con 16 anos, e utilizou as ganancias para financiar proxectos comunitarios na súa área. Escribiu as seguintes obras:[3]

  • "A Story of Mexico"
  • "The Perfect Situation"

Premios editar

Khan gañou os seguintes premios polo seu activismo:[1][3][4]

  • Conector mozo do futuro (Swedish Institute)
  • Líder xove (Women Deliver)
  • Premio Khadija tul Kubra (premio nacional)
  • Campioa xuvenil en Rise Up (Packard Fundation)
  • Six-two Changemaker de 2018

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Tanzila Khan". Women Deliver (en inglés). Consultado o 2021-03-09. 
  2. "About Me – Tanzila Khan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 2021-03-11. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Tanzila Khan | WSA" (en inglés). Consultado o 2021-03-09. 
  4. 4,0 4,1 "Tanzila Khan Is On A Mission To Inspire Young People With Disabilities". six-two by Contiki (en inglés). 2018-04-24. Consultado o 2021-03-09.