Tanambogo
Tanambogo é un pequeno illote na Provincia Central das Illas Salomón. É unha das Illas Florida.
Tunambogo | |
---|---|
Localización de Tunambogo | |
Mapa das Illas Florida | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Central |
Arquipélago | Illas Florida |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°06′40″S 160°11′05″L / -9.11111, -160.18472 |
Xeografía | |
Superficie | 0´560 km² |
Longura máxima | 580 m. |
Largura máxima | 290 m. |
Xunto coa próxima illa de Gavutu, desempeñou un papel importante na campaña de Guadalcanal durante a segunda guerra mundial. En 1942, os xaponeses trataron de establecer unha base aérea na illa. Entre o 7 e o 9 de agosto de 1942 na Batalla de Tulagi e Gavutu-Tanambogo, os elementos do 2º Rexemento dos Marines dos Estados Unidos asaltaron e ocuparon a illa.