Tampere United

club de fútbol de Finlandia

O Tampere United, tamén coñecido pola súa abreviatura TamU, é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Foi fundado en 1998 e actualmente compite na Kolmonen, a cuarta categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Pyynikin urheilukenttä, un estadio con capacidade para 1 000 persoas. O seu uniforme titular é camiseta e pantalón azuis, mentres que a reserva é integramente verde.

Tampere United
NomeJalkapalloseura Tampere United ry
Alcume(s)TamU
Fundación1998
EstadioPyynikin urheilukenttä,
Tampere, Finlandia Finlandia
Inauguración1908
Capacidade1 000
PresidenteFinlandia Antti Niemistö
AdestradorFinlandia Jukka Listenmaa
LigaKolmonen
2020
VestimentaPUMA
Na rede
https://tampereunited.fi
Facebook: TampereUnited Twitter: tampereunited Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

TamU gañou o campionato finlandés en tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e obtivo ademais tres medallas de bronce (2003, 2004 e 2005); tamén se proclamou unha vez campión da Suomen Cup (2007) e dúas subcampión da copa (2001 e 2009); o equipo tamén gañou a Liigacup en 2009 e foi subcampión en 2011. En 2019 equipo ocupaba a 24ª posición na clasificación histórica da máxima categoría con once tempadas disputadas nas que xogou 301 partidos, dos cales gañou 146, empatou 72 e perdeu 83.[1]

O 14 de abril de 2011 a Federación Finlandesa de Fútbol excluíu ao Tampere United de todas as competicións para a tempada 2011.[2] Tampere United Oy declarouse en quiebra a finais de xuño de 2011.[3] Durante os anos que TamU estivo afastado da competición, un equipo creado polos seareiros do club en 2009 xogou nas categorías rexionais e chegou ascender ata a Kolmonen baixo o nome de TamU-K.[4][5] Finalmente o equipo volveu á competición na tempada 2016 e fusionouse co TamU-K.[6]

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Finnish League Premier Division (Mestaruussarja/Veikkausliiga): All-Time Tables 1930-2019" (en inglés). RSSSF.com. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  2. "Tampere Unitedia koskevat päätökset" (en finés). Suomen Palloliitto. 27 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  3. "TamU asetettiin konkurssiin". Yle.fi (en finés). 28 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  4. "TamU:n kannattajat jalkautuivat kentälle kesän tukifutikseen". Aamulehti (en finés). 14 de maio de 2011. 
  5. "TamU-K ja Melody iskivät nousut Neloseen". Aamulehti (Moro) (en finés). 19 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  6. "TAMPERE UNITED TEKEE PALUUN KOTIMAISELLE JALKAPALLOKARTALLE" (en finés). TamU-K. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar