Tamara de Lempicka

pintora polaca (1898-1980)

Tamara de Lempicka, tamén grafado Łempicka, nada co nome de Tamara Rosalia Gurwik-Górska[1][2] ou Maria Górska[3] en Varsovia o 16 de maio de 1898 e finada en Cuernavaca (México) o 18 de marzo de 1980, foi unha pintora polonesa.

Modelo:BiografíaTamara de Lempicka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Tamara Łempicka Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoMaria Górska
16 de maio de 1898 Editar o valor en Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 1980 (81 anos)
Cuernavaca, México Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPopocatépetl Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcadémie de la Grande Chaumière (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Habana
Cuernavaca
Os Ánxeles
Italia
París
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, artista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Natureza morta e nudez na arte Editar o valor en Wikidata
MovementoArt déco Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMaurice Denis (pt) Traducir e André Lhote (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTadeusz Lempicki
Raoul Kuffner Editar o valor en Wikidata
FillosKizette de Lempicka-Foxhall Editar o valor en Wikidata
IrmánsAdrienne Gorska Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrandes Mestras das Artes (pt) Traducir, (p.399)
Obálky knih,
Concise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webdelempicka.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX997929 Discogs: 2242860 Find a Grave: 7483099 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nada no seo dunha familia da alta burguesía, estudou nun internado en Lausana (Suíza), en 1914 marcha a vivir a San Petersburgo cunha súa tía. En 1916 casou cun avogado chamado Tadeusz Lempicki en San Petersburgo, Rusia. En decembro de 1917, durante a Revolución rusa, os bolxeviques deteñen ao seu marido, pero ela consegue que o poñan en liberdade e marchan a París, onde ela adopta o nome de Tamara de Lempicka. Estuda arte con Maurice Denis e André Lhote, comeza a expoñer a partir de 1923 e convértese nunha coñecida retratista, desenvolvendo un estilo propio, ás veces denominado cubismo brando, pero que se desenvolve dentro do art déco coas súas texturas e cores frías e duras, gusto pola sensualidade do corpo pero sometido á desintegración xeométrica por medio de círculos e triángulos.

Nas vésperas da segunda guerra mundial, trasládase a Beverly Hills co seu segundo marido, Raoul Kuffner e entra en contacto coas grandes estrelas cinematográficas da época. En 1943 establécense en Nova York. Despois da morte do seu marido en 1962, Tamara trasládase a Houston e comeza a pintar nun novo estilo, que non foi ben recibido e non volveu expoñer máis nunca. En 1978 marchou a vivir a Cuernavaca, México, onde morreu en 1980.

 
Votación nas eleccións municipais de 2007 durante a exposición en Vigo

Exposición en Vigo

editar

Na primavera de 2007 a Fundación Caixa Galicia presentou na Casa das Artes de Vigo a primeira retrospectiva dedicada na Península Ibérica a Tamara de Lempicka. Durante tres meses foron exhibidos en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, de Europa e Norteamérica, principalmente.[4]

  1. "Tamara de Lempicka". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2023-03-04. 
  2. O seu nome completo de nacemento, de acordo con Claridge (1999), p. 10; e Mori (2011), p. 22. Biographies de Lempicka-Foxhall & Phillips (1987), Néret (2000), Blondel, Brugger, e Gronberg (2004), e Bade (2006); outras fontes referen que o seu nome de nacemento era Maria (e.g., Helena Reckitt, The Art of Feminism: Images that Shaped the Fight for Equality, 1857–2017, 2018, p. 84.
  3. "El retrato art decó,Tamara de Lempicka (1898-1980)". Consultado o 2023-03-04. 
  4. "Vigo acolle a primeira exposición en España de Tamara de Lempicka". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-03-04. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.