Tamara E. Jernigan
Astronauta estadounidense
Tamara Elizabeth "Tammy" Jernigan, nada en Chattanooga (Tennessee) o 7 de maio de 1959, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96.[1][2]
Tamara E. Jernigan | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de maio de 1959 |
Lugar | Chattanooga |
Cónxuxe | Peter Wisoff |
Actividade | |
Misións | STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96 |
Tempo no espazo | 63,06 días |
Premios | Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Jernigan graduouse en física e é máster en enxeñería pola Universidade de Stanford en 1981 e 1983 e máster en astronomía pola Universidade de California en Berkely en 1985. Ten un doutoramento en física espacial e astronomía pola Universidade Rice en 1988.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 1985. Participou nas misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96. Deixou a NASA en setembro de 2001 para pasar a ter un cargo no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jernigan, Tamara Elizabeth 'Tammy'" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (novembro de 2001). "TAMARA E. “TAMMY” JERNIGAN (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara E. Jernigan |