Tales of Dunk and Egg

Tales of Dunk and Egg é unha serie de novelas de fantasía de George R. R. Martin, ambientadas no mundo de A Song of Ice and Fire. Estas novelas contan as aventuras de "Dunk" (o futuro comandante da "Garda Real", Ser Duncan o alto) e "Egg" (o futuro rei Aegon V Targaryen), uns 90 anos antes dos eventos das novelas.

Foron publicados tres novelas – The Hedge Knight (1998), The Sworn Sword (2003) e The Mystery Knight (2010) – e a intención de Martin é a de continuar a serie, que será republicada nunha colección titulada A Knight of the Seven Kingdoms. A primeira parte, que comprenderá as primeiras tres novelas, foi publicada con ilustracións de Gary Gianni o 6 de outubro de 2015.[1]

  1. Martin, George R.R. (13 de abril de 2014). "Dunk and Egg". Not a Blog. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar